xxxx xxxxx xxxxxx xxxxxxxxxx co DI xxxxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña


MANIFESTA


O pasado 31/03/2022 o concello publicou en Alfresco as convocatoria dos cursos de formación sobre “transparencia: acceso á información pública e publicade activa e o curso de igualdade e de a formación básica en igualdade de xénero”


No momento de solicitar estes cursos e tras cubrir a solicitude esta non se envía se previamente non se marca o apartado que se ten autorización da xefatura do servizo para facela,

 

Consultada toda a documentación aprobada e negociado ata o momento polo goberno municipal e representantes sindicais, en ningunha consta recollido este requisito:


- nin nos criterios de selección: criterios xeriais nin criterios específicos aprobada na Mesa técnica de formación do 25/03/2021,
- nin na instrución aprobada e publicada no BOP do 9/07/2021,
- nin en ningunha das convocatorias realizadas no ano 2021.


SOLICITO


Que o servizo de RRHH indiquen en que norma vén recollido este requisito e cando foi negociado e aprobado, do contrario entendemos que se están vulnerando os dereitos do persoal a acceder libremente á formación e a carreira profesional.


A relación e identificación dos poñentes/docentes dos cursos impartidos polo Concello no periodo de 2021, con indicación de se pertencen ao cadro de persoal deste concello ou non.


Reiteramos a petición realizada por esta Sección Sindical o pasado 18 de marzo ao respecto da relación de asistentes aos cursos de formación realizados ao longo do ano 2021 ou, no seu defecto, indiquen onde se poden atopar na plataforma Alfresco.


A Coruña a 07 de Abril de 2022