Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

 En sesión celebrada en data 30 de agosto de 2023 a Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña e someter o expediente ao trámite de información pública durante un prazo de de 20 días para a presentación de alegacións, reclamación ou suxestións.

 Polo que, dentro do prazo establecido ao efecto, formulo as seguintes ALEGACIONS para ser tidas en conta antes da aprobación definitiva da modificación puntual da RPT:

 

 - Nesta modificación puntual da RPT do Concello da Coruña recóllense mais de vinte postos de nova creación sin que figure no Anexo II do Informe proposta a preceptiva e previa valoración obxetiva dos mesmos, e cando se trata de postos “singularizados” que non teñen parangón no Concello. Esta cuestión ademais reviste especial importancia cando está en marcha o estudio e elaboración dunha nova RPT- valoración de postos de traballo, adxudicada á empresa Adecco no que se vai levar a cabo unha revisión completa da RPT actual.

 

- No punto oitavo do Informe- Proposta da modificación puntual da RPT afírmase que todos os cambios incorporados a esta modificación puntual foron negociados na Mesa Xeral celebrada o día 25 de agosto de 2023.

A proposta presentada na Mesa Xeral de Negociación e o documento aprobado inicialmente na Xunta de Goberno Local son documentos diferentes. Presentan diferencias significativas nas modificacións que se refiren á Area de Economía e Planificación Urbana, particularmente no referido á Unidade de apoio á Dirección e ao Servizo de Medio Ambiente, polo tanto non pode afirmarse que os cambios foran negociados na Mesa Xeral de Negociación.

 

- Non figura suficientemente motivada a apertura de varios postos que pasan a poder ser ocupados por funcionarios de calquera administración pública (TD), esta modificación restrinxiría o acceso aos funcionarios municipais do concello polo que debe estar suficientemente motivada.

 

- Dentro do Servizo de Cultura e Memoria Histórica créase o posto de Dirección do Fórum Metropolitano, este posto está creado tamén na RPT do IMCE o que suporía unha duplicidade de postos polo que solicitamos se nos informe dos motivos que xustifican a existencia desta duplicidade.

 

A Coruña a 3 de Outubro de 2023

 

SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA