Achegámosvos o resumo da Mesa Xeral de Negociación do pasado 7 de xuño coa seguinte orde do día:
1. Oferta de emprego de público para o ano 2016.
2. Tramitación da Relación de Postos de Traballo para a súa adaptación a nova estrutura política.
3. Rogos e Preguntas.
Antes do inicio da MXN, reprochamos ao Goberno Municipal (GM) a tardanza sobre a data establecida e que non se abordasen os temas que quedaron pendentes na anterior mesa, a isto contestaron que estaban convocándonos coma mínimo unha vez ao mes e para eles agora a RPT era prioritaria, tamén manifestaron que o resto de cuestións serían abordadas coma tarde na próxima reunión do 15 de xuño.
- Neste punto o GM sumou na tasa de reposición un total de 9 funcionarios/as e que prioritariamente ocuparían postos nas novas Áreas de Participación, Igualdade e unha nova unidade en Xustiza Social. A CIG propuso unha subida de 2 funcionarios máis (11total) argumentando que 3 baixas do 2015 correspondían a sectores na que a tasa podería chegar ao 100%, Policía, Bombeiros e Tesourería. Finalmente e despois dun debate sobre a cantidade que legalmente poderíase convocar para a OPE deste ano, aprobouse estudar a posibilidade de incremento dun efectivo máis(10total) e ademais coa proposta da CIG de que se estudase a posibilidade de que nestas novas áreas incorporansen co argumento de formar parte dun novo proxecto polo que non computarían dentro da OPE 2016, isto é algo que quedaron en mirar.Tamén falamos da promoción interna da totalidade do subgrupo C2 ao C1 e a incidencia que tería na RPT, a CIG propuso estudar FORMA e CANTIDADES para facer esta promoción a longo prazo.
- Achegáronnos os borradores de RPT de Deportes, Educación e Mobilidade. Ao marxe dos cambios organizativos(aos que legalmente non temos nada que dicir) en Deportes destacar a promoción que se fai aos 4 socorristas de AP a C2 por estar estos obrigados actualmente a ter un título habilitante, algo que non ocurreu no momento do acceso ao posto. En Educación salientar o aumento de efectivos no posto de Conserxe de Colexio que pasa de 33 a 35. En Mobilidade destacar que ante un cambio meramente organizativo, un sindicato expresou a seu malestar ao ser este unha modificación que causaría problemas, co argumento de problemas entre personas, algúns dos alí presentes manifestamos que a organización dunha administración non pode ser deseñada soamente ao gusto ou desgusto das persoas que a conformamos e no caso de problemas persoales ou laborais, existen cauces legais para resolvelos. Ao respecto das secretarías de Dirección, comunicáronnos que a partir de agora non colgarían das Áreas correspondentes e si directamente de Alcaldía pero sen dar máis explicacións ao respecto.
- Neste punto dende a CIG solicitamos que se nos contestara as denuncias relacionadas cos Riscos Laborais nas das que o Departamento de Seguridade e Prevención só da resposta as veces, non sabendo se se está levando a cabo algunha xestión e no caso de facerse non levar un seguimento coma ocurreu recentemente cunha denuncia, advertindo a Concelleira que a partir de agora de non recibir unha resposta satisfactoria as nosas demandas en materia de Prevención de Riscos Laborais, acudiríamos á Inspección de Traballo, algo que xa fixemos con anteriores Gobernos Municipais.
Por parte de CCOO, pediuse que se retomaran as Mesas Técnicas pendentes, algo ao que nos sumamos. O CSIF solicitou unha reunión para falar dunha baixa dun Policía que sufriu un accidente de traballo e para o que pediu máis atención neste caso.
Esperamos que esta información fora do teu interese.
O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez