Achegámosvos o noso resumo da MXN do 16 de xuño coa seguinte orde do día

 

1.    Tramitación da Relación de Postos de Traballo.

2.    Oferta de emprego de público para o ano 2016.

3.    Asuntos Pendentes.(CIG)

4.    Rogos e preguntas.

 

Antes do comezo da Mesa, reprochamos ao Goberno Municipal que nos tivemos que enterar da intención da Remunicipalización do servizo de Bibliotecas pola prensa.

 

Comezamos polo punto 3 na que a CIG presentou anteriormente os seguintes puntos:

 

 

1. criterios aplicables as sentenzas de despido improcedente. A Concelleira explicou que readmitían aos que consideraban que ocupaban postos estruturais e non readmitían aos que formaban parte de programas concretos.

2. criterios para a concesión das Comisión de Servizos na Policía. Informaron de o criterio actual é de tramitar todas as que teñan informe favorable, que si isto crea algún tipo de problema daríanlle unha volta.

3.    Aclaracións sobre permisos retribuídos en caso de enfermidades e xustificación de acompañamento médica e a obrigatoriedade de fichar.Acordouse  determinar cal vai ser o medio para poñer en coñecemento do persoal as directrices e resto de normas de carácter interno co fin de garantir que a información chegue á totalidade do persoal municipal. Ao respecto da obrigatoriedade de fichar nos supostos de acompañamento dun familiar a consultas médicas acordouse eximir desa obriga ao persoal cando a hora da cita ou a hora de remate desta se encontre dentro dun período de 90 minutos entre a hora de entrada ou saída do traballo.

4.    Listaxe de non adscritos definitivamente e de vacantes. A Concelleira dixo que están preparando a listaxe e que nola facilitarán actualizada cada 3 meses, despois de moitos anos solicitando esta información parece ser que agora vai, esperemos que non se demore.

5.    A publicación da instrución pola que se chama da listaxe de interinos.Sobre este tema quedou claro que non existen directrices nin normas escritas, que o sistema se fundamenta en acordos de mesa, quedouse en que se  redactará  unha proposta e se fará pública xunto coas listas e a súa evolución.

6.    Aclaracións sobre as responsabilidades dos Conserxes de Colexios  ao respecto do alumnado.Sobre isto dixéronnos que convocarán una Mesa Técnica de Conserxes de Colexios para aclarar este punto e os que quedaron adiados na anterior Mesa Técnica(xornada, uniformidade e funcións). Recordámoslle á concelleira que isto é unha cuestión entre O Concello e os directores do Colexio que son os máximos responsables respecto ao alumnado.

7.    Publicación da instrución para partición de 3 asuntos particulares e que foi aprobada en MXN. Informáronnos de que a publicarian en breve (está en ALFRESCO)

 8.    Transporte de persoal de se ten que desprazar entre centros. Advertimos de que algún posto non se estaba a compensar nin con tarxeta de Bus nin co pago de compensación por utilización de vehículo propio, ao que contestaron que a xustificación destas compensación era responsabilidade das xefaturas de cada servizo.

Punto 1 RPT:Ao respecto desto, coma sempre informámosvos das modificacións que presentan por servizos, son Documentos que non publicamos pois aínda se están a negociar e non modifican á valoración dos postos de traballo, en todo caso algún posto que cambia xerarquicamente e algunha supresión ou creación dun posto(neste caso cando se aprobe definitivamente esixiremos a súa valoración)

   PROPOSTAS RPT DE:

     Persoal, Xestión Prioritaria: en ambos, cambio organizativo dos Xestores Económicos que pasan a Oficina Orzamentaria.

     Museos Científicos:  aumento dun posto de Aux Proxección(5) Supresión do posto de Recepcionista.Traslados dun Coord e TM Desa dende  Desarrollo e Activ.Creación dun posto de Veterinario por sentenza xudicial.

     S.E.I.S.:Un Sgto de Prev e Ext pasa a Sgto do SEIS para un total de 7.Traslado de Protecc Civil de dous postos de técnicos, un con titulación Arq Tec e outro de Maestro. Neste punto advertimos que cando abordemos a parte da valoración, deberíamos ter en conta que os Bombeiros e Cabos están encadrados nun subgrupo inferior aos Monitores de Protección Civil, algo ilóxico. A CIG tamén dixo que neste servizo poderíase crear a Escala Facultativa.

     Mobilidade: Presentaron novamente a organización deste servizo cun cambio organizativo no que o Xefe de Unidade que inicialmente estaba na Oficina Técnica agora estará en Circulación e Transporte.

     Seguridade Cidadán: Un posto de Aux Adm e outro de Adm que pasan a Of Tec de Seg Cid. E con respecto a este servizo temos que destacar e congratularnos (A pesar de que un sindicato non estaba conforme) coa supresión dun posto de Of de Prev Mun que pasa a Inspector e un posto de Policía de Prev que pasa a Policía Local, cando o anterior Goberno Municipal os creou xa denunciamos que non podían nomear postos de Policía por Libre Designación, polo que nesta ocasión alegrámonos da súa supresión.

Punto 2: aceptaron a proposta da CIG do incremento da taxa de reposición e que pasa de 9 efectivos a 10.

 
 
 

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.

O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña

José María Calatayud Sánchez