José María Calatayud Sánchez co DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de

notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de

secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPON:

Tivemos coñecemento de que se están denegando reiteradamente no corpo da policía local o desfrute dos días de asuntos particulares pendentes do ano 2022 e cuxo período de desfrute remata o 31 de marzo de 2023.

O permiso por asuntos particulares é un dereito recoñecido na lexislación de función pública e recollido na clausula  décimo novena da Instrucción 2/2021 sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal do Concello da Coruña.

O desfrute deste permiso só poderá denegarse por necesidades do servizo debidamente xustificadas. Pola información que nos consta as razóns destas denegacións son razóns estructurais de organización do funcionamento da policía local e non poden servir para denegar un permiso de maneira constante.

Consideramos que se está vulnerando un dereito dun funcionario público legalmente recoñecido.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

Que cese a denegación do dereito ao desfrute  do permiso por  asuntos particulares no corpo da policía local do Concello da Coruña.

 

A Coruña a 9 de marzo de 2023

 

 

 

 

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA