Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

Que o pasado 24 de Outubro de 2023 presentamos unha solicitude de revisión de oficio dos nomeamentos dos directores de área e coordinadores xerais acordados pola XGL de 2 de agosto de 2023 por concorrer neles vicio de nulidade do artigo 47 da lei 39/2015 de 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP.

Que con posterioridade a estes nomeamentos acordados o 2 de agosto de 2023 pola Xunta de Goberno Local houbo novos nomeamentos de directoras/os de área, concretamente por acordo da Xunta de Goberno Local de data 30 de agosto de 2023 (publicación no BOP de 5 de setembro de 2023) e por acordo da Xunta de Goberno Local de data 8 de novembro de 2023 (publicación no BOP de 14 de novembro de 2023).

 

Que nestes últimos nomeamentos de directoras/ os de área mencionados no parágrafo anterior concurren os mesmos supostos de nulidade que os nomeamentos do 2 de agosto de 2023 para os que xa solicitamos a revisión de oficio o 24 de Outubro de 2023.

Que non existiu convocatoria pública nos actos que deron lugar aos nomeamentos das distintas Direccións de Área do Concello da Coruña, cando sería aplicable tanto o artigo 13 do EBEP, como o artigo 34 da lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia que establecen que a designación do persoal directivo tense que facer mediante procedementos que garanten a publicidade e concorrencia.

 

O apartado e) artigo 47 da lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP dispón que serán nulos de pleno dereito os actos que se dicten prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados.

 

Polo exposto, SOLICITO:

 

PRIMEIRO: Que o Concello da Coruña inicie de forma inminente e urxente, a revisión de oficio de todos os nomeamentos de directores/as de área acordados pola XGL o 30 de agosto de 2023 e o 8 de novembro de 2023, por concorrer en todos eles o vicio de nulidade do apartado e) do artigo 47 da lei 39/2015.

SEGUNDO: Solicítase copia dos informes que motivaron os nomeamentos dos directores/as de área a fin de poder verificar a idoneidade dos nomeados e en particular as circunstancias excepcionais que motivaron o nomeamento dos que non son funcionarios de carreira.

TERCEIRO: Advírtese que se presenta esta solicitude de inicio de revisión de oficio cós efectos previstos no artigo 29 da lei 29/1998 da xurisdición contenciosa administrativa:

  1. Cuando la Administración no ejecute sus actos firmes podrán los afectados solicitar su ejecución, y si ésta no se produce en el plazo de un mes desde tal petición, podrán los solicitantes formular recurso contencioso-administrativo, que se tramitará por el procedimiento abreviado regulado en el artículo 78.

 

A Coruña a 17 de novembro de 2023