CIG Concello A Coruña
Toggle Navigation
  • ACCIÓN SINDICAL
  • NEGOCIACIÓNS
  • COMISIÓNS DE SERVIZO
  • RPT-RETRIBUCIÓNS
  • PREGUNTAS HABITUAIS
  • SAÚDE LABORAL
  • PRENSA
  • HISTÓRICO
  • AFILIATE

ACCIÓN SINDICAL

INCREMENTO RETRIBUTIVO VERSUS IPC

  • imprimir
  • Correo electrónico
Este raquítico aumento do 0'25 %, súmase ao que nos aplicaron na metade do ano do 1'50%, este con efectos do 1 de xaneiro de 2018. O do 0'25% e só dende xullo de 2018. 
 
Todo isto, é consecuencia dos acordos asinados polo PP (co ministro Montoro á cabeza) e CCOO, UGT e CSIF en Madrid, antes do cambio de goberno. A CIG NON ASINOU OS ACORDOS EN MADRID, por consideralos moi negativos e que non garanten a recuperación do poder adquisitivo totalmente perdido, nestes últimos anos, nen fala de recuperar os dereitos roubados noutras materias, como consecuencia dos recortes dos gobernos do Estado pola crise económica.
Destes acordos temos enviado moita información, en meses pasados, e por este mesmo medio.
 
Outras consideracións:
No aumento do 0'25% tómase como referente o Produto Interior Bruto PIB, non o Índice de Prezos ao Consumo IPC, co que nos están a aplicar un criterio que ten menos que ver coa carestía da vida. Isto o fan, os gobernos, para pagar menos. Este mesmo criterio estase a meter na negociación de convenios colectivos e nas futuras revalorizacións das pensións.Teñen o aval dos sindicatos que mencionamos antes.
 
A CIG non está dacordo con que o referente sexa o PIB e si o IPC. Por certo, o mesmo que nós, pensan os colectivos de pensionistas no Estado, cando se manifestan.
Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 17 Setembro 2018
Visitas: 3377
  • Prev
  • Seguinte
  • Vostede está aquí:  
  • Home
  • INICIO
  • INCREMENTO RETRIBUTIVO VERSUS IPC

Back to Top

© 2025 CIG Concello A Coruña