Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Mediante resolución de data 3 de Xaneiro de 2024 iniciábase a fase de resultas do Concurso Ordinario 1/19 e ábrese un trámite de audiencia de 10 días hábiles durante o que se poderán presentar alegacións en canto á proposta e ao Anexo de postos ofertados.
Polo anteriormente exposto ALEGO:
- Posto 329: Xefatura de Departamento de Exposicións e Coleccións
Na resolución do 3 de Xaneiro de 2024, na consideración técnico-xurídica segunda, dise que non figura nos postos ofertados na fase de resultas o posto 329 porque se alteraron as características mediante a modificación puntual da RPT e que obriga a excluílo da fase de resultas polo agravio comparativo que suporía e amparándose no dereito fundamental á igualdade.
O Concello da Coruña era coñecedor de que o posto 329 estaba inmerso nun proceso de concurso cando fixo a modificación puntual da RPT aprobada pola xunta de goberno local o 11 de Outubro de 2023.
A modificación puntual da RPT non pode aplicarse con carácter retroactivo a un posto que saiu a concurso cunhas características determinadas.
- Posto 386: Músico.
Este posto aparece ofertado no Anuncio relativo á Modificación da relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de psotos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña publicada o 29 de xuño de 2020 no BOP da Coruña nº 96.
Porén, non consta adxudicado na relación de postos adxudicados na primeira fase nin na relación de postos ofertados na fase de resultas.
- Posto 1467: Traballadora Social

- Posto 1750: Xefatura de Unidade de Apoio Administrativo de Mobilidade Urbana
Este posto aparece ofertado no Anuncio relativo á Modificación da relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de psotos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña publicada o 29 de xuño de 2020 no BOP da Coruña nº 96.
Porén, non consta adxudicado na relación de postos adxudicados na primeira fase nin na relación de postos ofertados na fase de resultas.
Polo anteriormente exposto SOLICITO
A inclusión no anexo relativo aos Postos ofertados na fase de resultas os postos anteriormente sinalados.
A Coruña a 17 de Xaneiro de 2024