Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Que pola información que lle consta a esta Sección Sindical o cese das persoas que ocupaban en comisión de servizo algunhas Xefaturas de Servizo neste Concello, derivado das tomas de posesión dos postos adxudicados na primeira fase do concurso, estase solventando mediante a asignación de funcións ou encomendas de xestión a estas mesmas persoas que ocupaban o posto en comisión de servizo ata o seu cese.
O dito no parágrafo anterior supón, en moitos casos, que recaian de maneira simultánea nunha mesma persoa as funcións de dous postos de máxima reponsabilidade deste concello, postos con especial dedicación que é imposible que poidan exercerse á vez sin que eso supoña un menoscabo no funcionamento desas áreas e coas consecuencias que pode acarrear para o funcionamento da administración pública municipal e de cara á cidadanía da Coruña e do seu dereito a uns servizos públicos de calidade.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se facilite información a esta Sección Sindical sobre si se están facendo asignacións de funcións ou encomendas de xestión nos postos de Xefatura de Servizo e/ou Departamento que estaban ocupados temporalmente mediante comisións de servizo ata o cese nas mesmas derivado das tomas de posesión da primeira fase do Concurso 1/19, e, no caso de que así sexa, se nos informe sobre en que servizos se están dando, a que postos se lle encomendan, que funcións en concreto se asignan e a motivación das mesmas.
A Coruña a 19 de Xaneiro de 2024