INICIO
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
MANIFESTA
- Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
- Que os criterios utilizados son os de cumprimento de obxectivos, incremento da carga de traballo, acumulación de tarefas, atribución de novas funcións, etc.
- Nas resolucións destes expedientes afirmase que se cumpre a normativa recollida no artigo 5 do RD 861/1986 que regula a aplicación deste complemento retributivo.
Dende a sección sindical da CIG consideramos que os decretos polos que se determina o abono destes complementos son contrarios a dereito polos seguintes motivos:
- Incúmprese o apartado 6 do artigo 5 do RD 861/86 por aplicar uns criterios para determinar as cantidades a aboar que non foron establecidos polo Pleno da Corporación nin negociados cos representantes dos empregados do concello
- Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu caso teña establecido ol Pleno, sen na lei 7/1985, de 2 de abril.
- Incúmprese o apartado 4 do artigo 5 do RD 861/86 por non informar nin aos empregados públicos nin aos seus representantes da existencia destas gratificacións nin da súa contía.
- Corresponde ao Pleno de cada Corporación determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade aos funcionarios dentro dos límites máximos sinalados no artigo 7.2, b), desta norma.
Polo anteriormente exposto
SOLICITA:
Que se cese de forma inmediata con esta, ao noso xuízo, practica ilegal de reparto de produtividade e que se convoque con carácter de urxencia á Mesa Xeral de Negociación para tratar de consensuar uns criterios de aplicación da produtividade que se poidan remitir ao Pleno da Corporación para a súa aprobación.
A Coruña, 15 de maio de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5792
Hai moito tempo que o servizo de persoal leva modificando os criterios nas distintas de bases de provisión de postos (concurso, promoción ou acceso) nalgúns casos sen petición previa por parte dos/as representantes dos/as traballadores/as e sen aclaración dos motivos polos que se cambiaban, recordámosvos os que tivemos nos últimos tempos:
2016
Bases de promoción interna á Sarxento do S.E.I.S. a pesar da ser coñecedores de que ían en contra da legalidade vixente, propuxeron pechar unha promoción ao subgrupo C1, só a Cabos impedindo a participación dos Bombeiros, ambos encadrados no subgrupo C2 . A avertencia da CIG de que acudiría ao xulgado foi o que lles fixo rectificar LIGAZÓN. Aclarar que mentres este colectivo non dispoña dunha regulamentación propia, terá que rexerse polos sistemas que regulan ao resto do persoal municipal.
Bases de arquitectos/as interinos/as con retribucións superiores a postos da RPT, mostramos o malestar na MXN do 25 de novembro LIGAZÓN, pero nesta ocasión sen posibilidade de recorrer ao xulgado, nin polo nivel CD24, nin polo temario que carecía de referencias ao PXOM co argumento de que a selección era para un programa concreto de Xustiza Social, a pesar diso este proceso foi utilizado posteriormente para a selección destes/as profesionais, tanto en medio ambiente, como no servizo de urbanismo, no que o coñecemento do PXOM é fundamental.
2017
Bases de 8 procesos selectivos ás que presentamos alegacións LIGAZÓN entre elas merecen especial atención as de acceso a TAS e que foron paralizadas pola CIG no xulgado LIGAZÓN
A outra xestión destacada foi a das de Cabo de Bombeiros, neste caso polo ninguneo que ven sendo algo habitual cara ás alegacións que rexistra a CIG, así o denunciabamos no resumo da MXN do 18 de decembro LIGAZÓN
2018
E volta outra vez cos Cabos...a pesar da suposta urxencia para a cobertura de prazas de Cabos , 11 meses despois achegáronnos unhas Novas, modificadas substancialmente pola concelleira e obviando a última proposta sen ningún tipo de negociación polo medio...non é de recibo que se modifiquen constantemente, porque da a sensación de que tantos cambios son “ad persónam” e crea inseguridade na planificación da carreira profesional do Parque.
Sobre a última “versión” das bases de Cabos presentamos outras alegacións no pasado marzo coa conseguinte valoración LIGAZÓN . A estas últimas alegacións fomos contestados sobre os cambios, dunha maneira moi pouco clara, mesturando cuestións non solicitadas nos mesmos parágrafos de alegacións aceptadas á CIG LIGAZÓN, isto creou máis controversia da que xa había.
A última contestación as nosas alegacións de bases, foron as de acceso para unha praza de Técnico de Residuos, nesta contestación nomean a CIG nunha serie de reclamacións realizadas por particulares e colexios oficiais, no que ao noso entender é un novo intento de agachar canta labor sindical da CIG sexa posible, algo que así lle fixemos ver na pasada MXN a quen asina estas notificacións LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5534
CONTESTACIÓNS AS ALEGACIÓNS DAS BASES DE CABOS DO S.E.I.S.
Aquí tedes as contestacións as nosas alegacións ás Bases de Cabos, nesta información intentamos aclarar que parte é estimada e cal non, pois as vagas contestacións da xefatura de persoal dificulta a comprensión do que a CIG ten solicitado:
CORREO ELECTRÓNICO DA XEFATURA DE PERSOAL ÁS ALEGACIÓNS DE BASES DE CABOS DE BOMBEIROS:
Boas tardes
Remítovos as bases para a provisión de sete postos de cabos, onde se recollen algunhas das alegacións formuladas polas seccións sindicais, nos seguintes termos:
- Modifícase a puntuación máxima do concurso de 16 a 20 puntos, polo que cambian tamén as puntuacións máximas e mínimas de cada apartado. NON O SOLICITOU NINGUÉN
- Apartado de formación: inclúense neste apartado tres subapartados: nivel formativo II, cursos dentro do plan de formación e cursos fose do plan de formación. O único apartado que leva puntuación máxima é o do nivel de cualificación formativa II. Os outros dous apartados non levan puntuación máximo, englobándose por tanto na puntuación máxima do apartado de formación. Neste apartado, acéptanse dúas alegacións formuladas pola sección sindical CIG.
- Apartado de antigüidade: Mantense a puntuación de 0,40 puntos por ano neste apartado pero auméntase a puntuación máxima a 7.2 puntos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación da sección sindical CIG que solicitaba o aumento de anos de prestación de servizos a baremar neste apartado.
- Apartado de grao de coñecemento de galego: Increméntase a puntuación para axustala aos limítes do 40% e do 10%,na correspondente porcentaxe. Corríxese un erro na escritura respecto ao CELGA III, recollido tamén nas alegaciónsde CIG.
- Apartado doutros méritos: Inclúense aquí os subapartados de cursos de igualdade, impartición de cursos e certificado de profesionalidade. Auméntanse as puntuacións para chegar á puntuación máxima deste apartado pero diminúese a puntuación dada aos cursos de igualdade, co correspondente rebaixe na porcentaxe de puntuación deste apartado sobre puntuación global do apartado doutros méritos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación formulada pola sección sindical CSIF.
O resto das alegacións desestímanse.
Aclaración do que estimaron e modificaron:
ESTIMADA, DESTIMADA, MODIFICADA
Sobra modificación máxima de 16 a 20 puntos non foi solicitado por ninguén.
Orde de valoración
- A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello. MANTEÑEN A ORDE QUE É CONTRARIA Á APROBADA NA MXN DO PASADO 27 DE ABRIL PARA AS BASES XENÉRICAS
Formación baixan dun 47% a un 40%
- No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
- Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora doplan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
- Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del. AUMÉNTASE EN +0.15
- Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. DESESTIMAN ESTA ALEGACIÓN
Antigüidade suben dun 31.25% a un 36%
- A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos. AUMENTAN O VALOR NESTE APARTADO, PERO PASAN DOS 25 ANOS NECESARIOS PARA O MÁXIMO NO ANTERIOR PARA DEIXALO EN 18 ANOS
Galego suben dun 10% a un 14%
- En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III. APROVEITAN UN ERRO MATERIAL DELES PARA SUBIR O VALOR NESTE APARTADO E QUE A CIG NON SOLICITOU
Outros méritos baixan dun 11,25% a un 10%
- Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases. SE LIMITAN A REBAIXAR DE 0.55 A 0.45 O MÁX NESTE PUNTO, HOUBO UN ACORDO EN MXN PARA QUE ESTOS CURSOS E OS DE PRL FORAN OBRIGATORIOS PARA TODO O PERSOAL, POLO TANTO NON PODEN SER PUNTUABLES.
- Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional. NON SE ESTIMA E AUMENTASE +0.15 O CP
Informámosvos que hoxe solicitamos que estas Bases de Concurso, se adecuaran ás que se aprobaron o pasado 27 de abril en Mesa Xeral de Negociación
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4921
Aquí podedes consultar a resolución pola que se aproban 3 comisións de servizo máis.
TEXTO DO CORREO
Bo día a todos/as,
No día de onte achegáronnos unha resolución pola que se nomean 3 novas comisións de servizo.
O primeiro que temos que dicir sobre ela é que fala dunhas bases do 30 de xaneiro das que non fomos informados e polo tanto non foron negociadas con nós.
AdEmais disto introducen unha nova condición:
“En el punto uno de las bases que regulan el procedimiento de dichos puestos recogen que se realizarán preferentemente con personal del propio Servicio siendo autorizada de forma inmediata en aquellos casos en los que solo exista una persona candidata en el Servicio.”
En base a isto nomean directamente a tres persoas en comisión de servizo.
Estamos ante unha nova arbitrariedade do servizo de persoal e que a Concelleira pretende darlle forma legal a través da resolución que achegamos nesta LIGAZÓN.
un saúdo
A sección sindical da CIG
gal a través da resolución que achegamos nesta LIGAZÓN.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5277
MANIFESTA:
Que o pasado 9 de marzo achegáronos as bases da convocatoria para a provisión por concurso de méritos de sete postos de cabo do servizo de extinción de incendio e salvamento
Que logo de estudialas facemos as seguintes alegacións:
- A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello.
- A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos.
- Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases.
- En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III.
- No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
- Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora do plan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
- Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del.
- Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
- Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional.
A valoración do desempeño recollida como mérito no artigo 10º do Regulamento de provisión de postos de traballo da administración publica galega, que sería fundamental para un concurso de provisión deste tipo non se pode efectuar, porque o Concello da Coruña non ten implementado ningún tipo de sistema para facelo a pesar da obriga que impón o EBEP.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teñan presentadas as devanditas alegacións
O secretario da sección sindical da CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6993
PREME AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3903
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que trala aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) se está a comunicar ao persoal municipal a situación administrativa na que se atopan os/as ocupantes dos postos e as características deles.
Que logo de revisar algunha delas atopamos erros.
Que en 2016, logo de solicitalo en moitas ocasións, dende persoal facilitáronnos a RPT, coa situación administrativa de todos os postos.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue a RPT coa situación administrativa do persoal que o ocupa e as características destes.
A Coruña, 8 de febreiro de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4190
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o pasado 18 de setembro de 2017 solicitamos:
“Que, con carácter de urxencia, se nos faciliten, todas as fichas descritivas das funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.”
Que o pasado 28 de setembro a sección sindical da CIG recibiu un documento que constaba das 334 páxinas das fichas dos Postos de Traballo vixentes á aprobación da nova RPT e de 22 páxinas máis cunha fichas de novas creación.
Que nas novas fichas (22páx) seguen a faltar moitos postos da actual RPT, como por exemplo os dos/as Técnicos/as do Servizo de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, que conta con distintos postos de traballo non identificados no “novo” Manual de Funcións e que perciben distintas retribucións sen xustificación clara.
Que esta falta de identificacións evita esclarecer as diferencias entre postos que aparentemente son idénticos nas súas funcións e competencias profesionais.
Que se están comunicando de maneira individual e a petición dos/as interesados/as, informes dende o servizo de persoal no que se identifican postos e funcións que non están no Manual de Funcións oficial.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se nos faciliten, todas as fichas descritivas das funcións dos postos existentes na última Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada na xunta de goberno local no día 25 de agosto de 2017, foliadas e dilixenciadas.”
No caso de non haber máis que as facilitadas o pasado setembro, solicitamos que se convoque a Mesa Xeral de Negociación e abordar de maneira inmediata a elaboración dun Manual de Funcións que abarque a totalidade dos postos existentes.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2018
- ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5444
Bo día todos/as
Logo de un ano e 7 meses do anterior COMITÉ DE SAÚDE LABORAL…Logo de telo solicitado en moitas ocasións pola necesidade de tratar cuestións de gran importancia para a vosa Saúde e Seguridade…Logo das denuncias que fixemos, tanto por rexistradas coma nas distintas Mesas de Negociación… O pasado 26 de xaneiro fomos convocados ao Comité de Saúde Laboral.
Empezaron trasladándonos a acta anterior de maio 2016...non houbo ningún tipo de rubor, nin pola tardanza nin pola longa listaxe de cuestións pendentes a tratar, se ben atenderon algunhas cuestións denunciadas, moitas seguen sendo tratadas a futuro...
Dentro da cantidade de cuestións a tratar, destacamos:
- Sobre as reducións na Produtividade das Incapacidades Laborais(IT), volvemos a recordar a discriminación que existe nas reducións desta retribución ao respecto das Especiais Dedicacións, e que a Produtividade descontase no caso dunha enfermidade grave. Logo dun debate sobre cales se consideran enfermidades graves e moi graves, aprobamos que utilizarase a listaxe do decreto 1148/2011 ,polo que a partir de agora inclúense tamén as enfermidades graves que aparecen no devandito decreto.
- Revisións dos Plans de Autoprotección, logo de detectarse deficiencias importantes en distintos centros de traballo.
- Equipos de Protección Individual(EPIs), chalecos de protección na Policía Local e creación dunha comisión de compras para EPIS en cementerios
- Convocatoria do comité de Riscos Psicosociais(RPS) para establecer un calendario á hora de pasar os test de RPS.
- Inspeccións nalgúns centros para avaliar condicións ambientais.
- Creación dunha comisión con distintas facultades da Universidade da Coruña para facer estudos e propostas de actuación fronte ao Gas Radón.
Esperamos que esta información fora do voso interese.
Un saúdo
A sección sindical da CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4251
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.
COMUNICA:
Que ademais dos centros de traballo no que só hai persoal municipal tamén hai outros centros de traballo con persoal ou doutras administracións ou outras empresas.
Que ao que se refire a PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS nestes centros de traballo, é necesario facer un plan de prevención conxunto.
Que temos acumuladas moitas cuestións para tratar no Comité de Saúde Laboral, algunhas delas que causan preocupación como por exemplo as medicións de Gas Radon.
Que fixemos varias solicitudes para que se convocase o COMITÉ DE SAÚDE LABORAL e que a pesar das continuas promesas en distintas Mesas de Negociación dunha inminente convocatoria, a día de hoxe non temos indicios de que isto poda acontecer.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se faga unha convocatoria á maior brevidade posible do Comité de Saúde Laboral e que ademais dos temas pendentes, se inclúa nel a necesidade de abordar o devandito plan de prevención conxunto co resto de administracións ou empresas non centros no que coincidan coa presencia de persoal municipal.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2018.
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3844
Aquí poidedes descargar os impresos en GALEGO:
IMPRESO AXUDAS ECONÓMICAS DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
Recordade que tedes ata o 31 de xaneiro de 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3903
Aquí podedes atopar o plan de formación da EGAP para o ano 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3876
AO COIDADO DO PLENO DA XUNTA DE PERSOAL
PARA INCLUIR NA ACTA DO PLENO DO 28 DE NOVEMBRO
Dende o principio da singradura do regulamento de axudas económicas do Concello da Coruña as diferentes Xuntas de Persoal que tiveron que aplicalo mantiveron , con absoluta claridade, que non serian obxecto desta axudas nin os tratamentos cubertos pola Seguridade Social (SS) nin os medicamentos.
Acordamos que non se aboarían aos tratamentos cubertos pola SS por dous motivos , o primeiro é que, como empregados públicos, considerabamos que tiñamos o deber de defender a sanidade pública e o segundo por que o acceso a medicina privada non está ao alcance da totalidade dos nosos compañeiros e polo tanto, de facelo, estariamos discriminando ao persoal municipal en función dos seus ingresos.
O motivo de decidir non incluír os medicamentos foi que, tanto os que forman parte do catalogo da SS como os que non, implican a realización dun gasto e non seria xusto cubrir uns e outros non (caso dos enfermos crónicos, que ao longo do ano gasta máis en medicamentos cubertos pola SS que aquel que precisa un medicamento concreto nun momento determinado, aínda que non este cuberto pola SS).
No seu momento chegouse á conclusión de que seria materialmente imposible a xestión e comprobación do gasto farmacéutico da, moi posiblemente, totalidade das unidades familiares que conforman o persoal municipal.
Que nos recordemos, estes criterios so se obviaron en dúas ocasións, a primeira para aboar un tratamento experimental para un compañeiro enfermo de cancro, e a segunda para aboar unha operación de cancro de mama nunha clínica privada sen xustificación algunha, neste último caso co voto en contra da CIG que como acto de protesta non volveu a participar da xestión das axudas no resto do mandato desa Xunta de Persoal.
Para poder optar a recibir axuda por tratamentos médicos non cubertos pola SS era preciso que, despois de ter feito o recorrido posible no servizo público de saúde, o teu médico da SS recomendara a utilización doutro procedemento ou tratamento.
Dende o inicio deste mandato o Pleno da Xunta de persoal empezou a mudar os criterios descritos con anterioridade e, co argumento de que se debería aplicar o regulamento no seu teor literal, que non impedía expresamente aboar medicamentos, decidiu aboar as vacinas non cubertas pola SS. Non fomos quen de evitalo, pero conseguimos introducir o criterio de que para aboarse debería existir unha enfermidade preexistente que fixese necesaria esa vacinación. O ano pasado déronlle outra volta e, de novo en contra do noso criterio, aboáronse medicamentos estimulantes da erección,que non estaban cubertos pola SS, un sistema de control da glicosa diferente ao facilitado polo servizo público de saúde e obviouse o requisito de enfermidade preexistente nas vacinas.
Este ano repetiuse a mesma canción e volvéronse a relaxar os criterios para darlle validez aos informes médicos, repetindo a axuda para o aparello para medir a glicosa e aboando vacinas sen existir enfermidade preexistentes. Debemos mencionar que, tal e como avisamos que pasaría, se solicitaron axudas para medicamentos cubertos e non cubertos pola SS que non foron atendidos polo Pleno da Xunta de Persoal. Onde está a aplicación literal do regulamento?, qué diferenzas hai entre as medicinas para que unhas se aboen e outras non?, si se aceptan informes médicos que recomenden ou indiquen a necesidade de saltarse o procedemento ou tratamento da SS sen explicar porqué, como se enfrontaran operacións realizadas fora da SS que custan miles de €?, se lle adiantará o diñeiro aos compañeiros que non teñan capacidade económica para facer fronte ao gasto para evitar a discriminación en función dos ingresos?
Os delegados/as da CIG quedamos sós unha vez mais na defensa dos criterios iniciais de interpretación do regulamento de axudas póndose de manifesto que o noso posicionamento é contrario á totalidade do resto da Xunta de Persoal, nestas circunstancias consideramos que non debemos asumir cargos de goberno dentro deste órgano de representación que poidan dar a entender que somos participes destas decisións e polo tanto presentamos as dimisións irrevogábeis que a continuación se relacionan:
- Ana Filgueiras Espasandín ao cargo de vicesecretaria.
- Mª Elena Iglesias Deza ao cargo de tesoureira.
- Roberto Tizón Miguéns ao cargo de presidente.
A Coruña 24 de novembro do 2017.
Asdo.: Ana Filgueiras Espasandín. Asdo.: Elena iglesias Deza Asdo.: Roberto Tizón Miguéns.
Vicesecretaria Tesoureira Presidente.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5589
DO CORREO (A XUSTIZA NOS RECOÑECE O QUE O CONCELLO NOS NEGA)
Nesta ocasión o Goberno Municipal obrigounos a acudir aos xulgados para reclamar algo que se nos nega en María Pita, tanto nas MESAS XERAIS DE NEGOCIACIÓN, nas MESAS TÉCNICAS, nas CONTESTACIÓNS AS NOSAS ALEGACIÓNS en calquera materia de persoal ou coma neste caso nunhas alegacións a BASES DE SELECCIÓN DE PERSOAL... isto só é unha mostra do tratamento que o goberno municipal está dando ao sindicato CIG...polo tanto vímonos na obriga de denunciar cuestións tan básicas como que unhas bases non se adecuasen , nin a titulación nin ao temario nin as características da praza, o resultado foi esta SENTENZA... sentenza que pode acarearlle gastos ao concello, polos prexuízos ocasionados aos/as opositores/as, en todo caso agardaremos a que o Concello decida recorrela ou executala.
Aproveitamos este correo para informarmos tamén de que logo de estudar as CONTESTACIÓNS que nos deu persoal, as nosas ALEGACIÓNS Á APROBACIÓN DA RPT, o pasado 30 de outubro presentamos un recurso contencioso administrativo contra a aprobación da actual RPT, algo do que vos informaremos chegado o momento.
un saúdo
A SECCIÓN SINDICAL DA CIG NO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5907
Aquí tedes unha sentenza do TSXG na que se critica que se invoque o criterio de autoorganización para a modificación das RPT.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6000
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
- Que o pasado 25 de agosto do 2017 a Xunta de Goberno resolveu as alegacións presentadas á aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do concello da Coruña e procedeu a súa aprobación definitiva.
- A resolución destas alegacións produciron modificacións na RPT inicialmente aprobada
- Co obxecto de poder valorar a motivación dos cambios producidos e a súa adecuación a dereito
SOLICITAMOS:
Que se nos facilite copia integra do expediente da resolución das alegacións contra a RPT resoltas pola xXunta de goberno local o 25 de agosto do 2017
A Coruña 7 de setembro do 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6083
O pasado 28 de agosto recibimos da xefa de persoal un correo electrónico sobre a aprobación definitiva da RPT, nel se que incluían respostas as nosas alegacións a RPT.
Logo de analizar estas contestacións, chegamos a conclusión que cando non existen argumentos para defender os cambios realizados fronte as nosas alegacións, utilizan algo tan elástico como é concepto de AUTOORGANIZACIÓN, a xefatura de persoal confunde este concepto co DESPOTISMO, que aplica para determinar as retribucións no Concello da Coruña, volvendo a utilizar de maneira arbitraria as modificacións na RPT, un exemplo máis pode ser complemento que sempre da lugar á controversia, tanto polo trato discriminatorio sobre os descontos nas ITL(Baixas), nas concesión de compatibilidades, ou o computo horario... a Especial Dedicación(ED), lonxe de abordar un debate serio sobre este complemento, a suman e restan como se dun reparto de caramelos se tratase.
VALORACIÓN DESTA MODIFICACIÓN DA RPT
Se ben é certo que a nova RPT, abre o camiño para a promoción profesional, a valoración da CIG sobre a aprobación desta nova RPT é que asume a arbitrariedade como modelo de xestión, esta maneira de actuar non é nova para nós, pois o negociado de persoal está xestionado pola mesmas persoas dende fai moito tempo.
O que inicialmente tiña que ser unicamente unha modificación a nivel organizativo, e que no debería levar moito para a súa adecuación á nova estrutura política, retrasouse demasiado e agora a menos de 21 meses das próximas eleccións este goberno municipal, afirma que abordará unha revisión da valoración dos postos desta RPT, se para a proclamada “aotoorganización” necesitou máis da metade do seu mandato, Canto tempo tardará en facer unha valoración dos postos?
Por último, informar que estudiaremos emprender accións legais contra aprobación desta RPT.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6295
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o pasado 25 de agosto solicitamos por erro o 1% correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
Que o erro foi producido ao revisar unha nómina e dar por finalizada a súa lectura polo pé da páxina onde xa figuraban os totais.
Que trala lectura correcta non atopamos máis novidades ao respecto do complemento de PRODUCTIVIDADE
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que se de por non feita a reclamación referida aos atrasos de xaneiro, febreiro e marzo e aproveitamos para reiterar o solicitado no complemento de PRODUCTIVIDADE.
A Coruña, 28 de agosto de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5972
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que na pasada nómina o persoal municipal percibiu o 1% pendente tanto nas retribucións básicas coma nas retribucións específicas devengado só dende abril de 2017.
Que o complemento de PRODUCTIVIDADE non tivo este incremento, pero sí o de Especial Dedicación(ED), volvendo a producirse outro agravio comparativo entre estes dous complementos.
Que o devandito complemento sufriu o 5% de desconto no 2010 como o resto das retribucións do persoal deste Concello.
Que temos solicitado en moitas ocasións e con distintos gobernos municipais a inclusión deste complemento no factor de responsabilidade, tendo como resposta unha falta de interese pola outra parte da Mesa de Negociación.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que se retribúa o 1% correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo e que tamén se inclúa o 1% de incremento no complemento de PRODUCTIVIDADE.
Que o complemento de PRODUCTIVIDADE forme parte do factor de responsabilidade (FR) naqueles postos que actualmente non teñen a ED.
A Coruña, 25 de agosto de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5471
Páxina 7 de 8