texto do correo enviado o xoves 15 de novembro de 2018:
Bo día a todos e todas,
Diante do escrito ,que a maioría dos policías deste concello recibiron por Wassap, que leva por titulo INDIGNANTE!! ( hai que ver o que a algúns lle flutúa o seu nivel de dignidade) a sección sindical da CIG no concello da Coruña non pode evitar facer o seguinte comentario:
- O autor deste documento, que por certo non ten a ben identificarse, inicia o seu discurso cunha mentira que por moito que repitan non se convertera nunca en verdade. Os niveis non se adecuaron por un proceso de reclasificación, son o resultado dun acordo ao que chegou o Goberno Municipal do PSOE con algúns sindicatos para retrasar o pagamento do salario base do subgrupo C1 aos policías mais ala do que determinaba a LCPLG.
- Que nos saibamos, a Delegación do Goberno non se pronunciou sobre este tema e , a pesar de que recibimos “presións” para que o trasladaramos á Delegación do Goberno, non o fixemos por que consideramos que este non é un problema de si o incremento retributivo supera ou non o legalmente permitido, senón de como se chegou a el.
- A CIG non vai ao xulgado para tratar de “ impedir que varias categorías de mandos e policías perciban unha retribución lexítima” nin para que “os axentes que pronto se xubilarán sufrisen esa perda nas súas retribucións” a CIG vai ao xulgado en defensa da legalidade, do principio de igualdade entre todos os traballadores do concello e da nosa lexitimidade para poder enfrontarnos a CALQUERA DECISIÓN ILEGAL OU ARBITRARIA QUE TOME A ADMINISTRACIÓN , con independencia do numero e condición dos traballadores que se vexan afectados. É que alguén na policía pretende que a legalidade se aplique ou non en función de quen se vexa prexudicado?.
- Acúsannos de ser falsos e envexosos , din que nos quitamos a careta. A CIG mantense fiel aos seus principios e aos seus compromisos dende antes do conflito do 2007, durante o conflito do 2007 e ate o día de hoxe, NON FOMOS NOS OS QUE DESPOIS DE ACADAR A PRIMEIRA RPT DESTE CONCELLO INICIOU NEGOCIACIÓNS PARALELAS, FORAS DAS MESAS, PARA ALTERAR UNHA RPT QUE COSTARA CASE QUE DOUS ANOS DE CONFLITO PARA MODIFICAR A VALORACIÓN DE DETERMINADOS POSTOS DE TRABALLO SEN MODIFICAR O METODO DE VALORACIÓN INICIAL.
- Xa para rematar queremos afirmar con rotundidade que non lle temos envexa a ninguén, estamos moi orgullosos de ser o sindicato con mais afiliados de Galiza e de ser o que maior número de delegados ten no conxunto das Administracións Públicas do noso pais.
Achegámosvos unha serie de ligazóns sobre os diferentes comunicados e actuacións realizadas pola Sección Sindical da CIG no concello da Coruña sobre este asunto ao longo do tempo.
ESCRITO WHATSAPP www.cigconcelloacoruna.com/images/PDF/OUTRAS/whatspppl.jpg