ACORDO CCOO, UGT E CSIF LIGAZÓN SOBRE a proposta de modificación do EBEP que penaliza dobremente o persoal vítima do abuso da temporalidade.

ORDE DO DIA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Bases Xerais dos procesos de selección
  3. Oferta de emprego para 2021
  4. Instrucción de vacacións, permisos e licenzas
  5. Instrucción de teletraballo
  6. Modificación da Instrución 4/2017, de listas de agarda
  7. Toma de coñecemento da aplicación do incremento retributivo para 2021, do 0,9%
  8. Toma de coñecemento da Instrucción 1/2021, de compensación dun día laborable no 2021, por festivos estatais.
  9. Rolda de Intervencións libres.

 

1) A acta da sesión anterior quedou pendente de aprobación, xa que nos foi entregada no momento de comezar a mesa sin tempo para revisala.

2) Neste punto explicáronnos e debatimos o documento de bases xerais dos procesos selectivos que rexerán tanto os procesos de quenda libre como de promoción interna.

Propuxemos melloras no referente á promoción interna: introducir a antiguedade como criterio de desempate no caso de empate, aumentar de 5 a 7 anos o período en que se conservará a nota obtida no proceso sempre que se supere a fase de oposición cunha nota igual ou superior ao 50% da cualificación máxima e non se obteña praza. Apoiamos tamén a proposta de que se estableza no 50% da nota máxima a nota necesaria para superar a fase de oposición, foi  a argumentación e insistencia da CIG neste punto a que o fixo posíbel, poñendo como exemplo o acontecido na última promoción interna de C2 a C1 no que foi preciso acadar mais dun 9 na fase de oposición para superala, desvirtuando totalmente a parte do concurso.

3) Entregáronnos na mesa o documento da oferta de emprego público para 2021, valorarémola e faremos as nosas achegas.

Informáronnos de que teñen intención de abordar todos os procesos pendentes de ofertas anteriores sin executar antes do fin da lexislatura, comenzando polos procesos de promoción interna. Tamén nos informaron de que teñen previsto un total de 121 prazas para a promoción interna de C2 a C1.

4) Neste tema propuxemos algunha modificación nos puntos que non foran tratados en mesa técnica: tempo para a formación e flexibilidade horaria.

5) Entregáronnos na mesa o borrador da Instrucción de Teletraballo para que as seccións sindicais fagamos as nosas achegas e comencemos a negociala.

6) Acordamos modificar a Instrucción 4/2017 de listas de agarda en dous puntos: --Modificación dos apartados 2 e 3 do artigo 2 polo que o servizo de persoal elaborará a lista de agarda unha vez rematado o proceso selectivo co fin de axilizar o procedemento.

     Modificación do apartado 6 do artigo 2 no sentido de que cando se esgoten as posibilidades de chamamento dunha lista concreta se poida, de maneira excepcional e previa aprobación da Comisión de Seguimento das listas de agarda, facer chamamentos dunha lista anterior, se a houbere.

7) Informásenos de que o incremento retributivo do 0,9% para 2021 será aboado á maior brevidade, posiblemente xa na próxima nómina do mes de xuño.

8) Informásenos da Instrucción 1/2021 de compensación dun día laborable por coincidir en sábado festivos estatais. Explicámoslle ao gobernó municipal que este tratamento vai facer que o persoal de horario xenérico ( luns a venres) vai facer un dia mais de traballo que os que teñen traballo a quendas os 365 dias do ano xa que estes teñen descontado en cuadrante tódolos festivos. Falamos incluso da posibilidade de reclamar ao final de ano un dia de horas extras por superar a xornada establecida de 1508 horas

9) Na rolda de intervencións recordámoslle ao goberno municipal a necesidade de abordar unha nova valoración da rpt e de desenvolver un sistema de carreira profesional.

O pasado 25/3/2021 fomos convocados as representacións sindicais polo Goberno Mpal. do Concello da Coruña a unha Mesa de Formación:

“A orde do día consistía en:

  1. Plan de accións formativas 20/21
  2. Rogos e Preguntas”

No primeiro punto desta Mesa de Formación, “Plan de accións formativas 20/21”, non se ía falar, como noutras ocasións, só dos cursos propostos polas distintas partes, senón que o Goberno Municipal tamén presentaba un texto chamado “criterios de selección (criterios xerais e criterios específicos)”.  Estes criterios son os que van servir para seleccionar ao persoal solicitante de cursos, por este motivo a CIG propuxo un análise por separado do que contiña expresamente os cursos formativos propostos, dada a súa importancia, e a pesar de que no primeiro parágrafo destes criterios xerais din que “aplicarasen con carácter supletorio aos establecidos nas convocatorias de cada acción formativa”, para nós estes teñen que valer para os distintos colectivos do concello;  non obstante  esta sección sindical quixo analizar o texto que presentou o GM e intentar expoñer as nosas  achegas.

Deseguido expoñemos moitas das cuestións formuladas pola CIG e debatidas, fundamentalmente, co concelleiro de Persoal:

  • “A relación do curso solicitado co posto de traballo” isto é considerado pola CIG como prioritario.
  • Establecer unha orde de prelación dos cursos polas/os solicitantes 
  • Na aplicación do “dereito preferente a participar nos cursos de formación no caso de licenzas de maternidade, permiso de paternidade, redución da xornada ou por excedencia para o coidado de familiares”, art. 93 do Decreto lexislativo 2/2012, do 12 febreiro (“preferencia en cursos formativos autonómicos”): a proposta era aplicar o aprobado nas “bases para a provisión do posto de concurso ordinario” que están vixentes aplicación.
  • Propoñíamos que para evitar o exceso de traballo do persoal que non solicite ou que non consiga cursos a pesar de solicitalos que as xefaturas sexan coñecedores e mesmo autoricen os cursos que solicite o seu persoal, co fin de organizar o traballo.
  • Tamén da importancia de retomar os Mapas de Formación que están xa obsoletos e que é moi necesaria a súa actualización.”

A CIG presentou propostas de cursos na fase inicial e tamén unha adenda de mínimos para intentar que tiveran en conta algún colectivo que  levan tempo demandado certos cursos, aínda que temos que salientar un colectivo que por estar en primeira liña con colectivos especialmente vulnerables como é: Servizos Sociais, e que teñen que ter unha boa formación como ferramenta básica para prestar un bo servizo, o GM considera que un curso é suficiente.

Xa avanzada a reunión e case diríase a punto de rematar,   para a CIG aínda faltaba un punto moi importante por debater, o recollido no Anexo I, “baremación de puntuación”,  un punto moi  importante dado que deste baremo depende a meirande parte da asignación de cursos aos solicitantes e que vai servir de base para as distintas convocatorias.

Deseguido recollemos a nosa proposta:

“Respecto da valoración dos cursos recibidos nos dous últimos anos deberíase ter en conta o seguinte:

  1. Na solicitude dos cursos deberase indicar a orde de prelación.
  2. Aplicarase a baremación proposta so no curso solicitado en primeiro lugar.
  3. Na baremación do curso solicitado en segundo lugar aplicarase o número de horas do curso solicitado en primeiro lugar no caso de que acadara praza, esta adición de horas de formación realizada se fará en tódolos cursos solicitados a continuación

Exemplo: se escollo 3 cursos relacionados co meu posto de traballo, resultaría:

1º tería 60 puntos (aplicación do baremo do apartado a)) + 40 de antigüidade = 100 puntos, tería o 1º curso solicitado concedido (este 1º curso dura 12 h)

se o seguinte curso que solicito dura 20 h sumamos as 12 h do curso concedido anteriormente 20+12= 32 horas, (aplicarías o baremo c))= 40 puntos + 40 (de antigüidade) = 80 puntos, teríamos ou non o curso, pero no suposto de que sí probarías o seguinte curso solicitado

3º teríasmos 12 h+20 h+30 h de cursos de formación =62 h de formación (20 puntos en aplicación do baremo e) = 20 puntos+ 40 de antigüidade = 60 puntos

Esta sería unha fórmula para que este baremo sí funcione”

O concelleiro rexeitou falar deste tema, co razoamento de que o GM  consideraba correcto a baremación que presentaban,  ante a negativa de negociar este último punto a CIG votou en contra do texto que presentaba o GM “criterios de selección” porque nin sequera tivemos oportunidade de defender a nosa proposta e que sen dúbidas, ao noso entender, evitaría posibles problemas vividos e trasladados anteriormente,  entendemos que son os máis obxectivos posibles pero, disto o concelleiro xa non quixo falar.

O que provocou que o sr. concelleiro cambiase  totalmente de actitude, sendo ata o momento amable, dialogante case de colegueo,  pasou a unha actitude  altiva, distante, querendo marcar claramente as diferenzas, manifestando expresións pouco afortunadas para os de alí presentes e principalmente coa única sección sindical coa que estaba a debater neses momentos.

A última orde que deu pouco antes de abandonar o Salón Dourado foi: “que non se teña en conta nada do aquí falado”, a pesar de que coa maioría dos puntos mencionados e tratados estaba conforme, ou iso nos quixo facer crer a todas/os as/os presentes.

TELETRABALLO

Onte fomos convocados a unha MXN de URXENCIA, o motivo desta foi a de poñernos en coñecemento da intención que tiña o concello de crear grupos BURBULLA (que non se mesturen entre si) e no caso de contaxios entre a plantilla, que non caian servizos ao completo, para este fin propoñen a ampliación da xornada de tele-traballo ata o 50% na modalidade mixta da prestación do servizo, pareceunos axeitada a todos os asistentes. 

Dadas as circunstancias, dende a CIG, solicitámosvos a colaboración para tratar de reverter o incremento dos contaxios, cas medidas que xa todos/as coñecedes.

CONCILIACIÓN

Dende persoal recoñecen que a redacción que vinculaba a conciliación con peches de centros (educativos ou doutro tipo de servizos sociais) non era a mellor, van a aclarar este apartado.

VENTILACIÓN

O Xefe de Servizo informa que teñen unha proposta do Departamento de Prevención de Riscos Laborais en canto a ventilación, nel propoñen espazos para instalación de purificadores de aire, din que enviarán un documento, cando o teñamos faremos unha valoración, mentres recomendámosvos que tratedes de manter unha boa ventilación dos vosos espazos de traballo. A CIG solicitou que se estude o uso dos aires acondicionados, pois este sistema NON renova o aire.

Como xa vos informamos na pasada Mesa Xeral de Negociación do 30 de setembro, aprobamos por unanimidade a teleformación da EGAP proposta polo concello, recordar que a CIG fixo unha solicitude de establecer 3 tramos na valoración de acceso aos cursos,  recordar tamén que foi aceptada por unanimidade.

Se ben todos acordamos a puntuación nos tramos finalmente aprobados

  • No último ano: 10 puntos.
  • Nos dous últimos anos: 20 puntos
  • Nos tres últimos anos: 30 puntos

Ninguén dos que estivemos na MXN, caeu na conta de que aplicar literalmente as bases desta convocatoria non limitaba acadar máis dun curso, grazas aos vosos correos, detectamos alo menos que 4 persoas repiten ou tripiten cursos. Vindo o resultado o máis normal sería penalizar no mesmo momento da adxudicación dun curso desta convocatoria cos 10 puntos que figuran nas bases...

Visto o visto, hoxe falamos ca responsable de formación (presente na MXN por un sindicato) e recoñecía que era un erro, que estaba apuntando todo, pero que non tiña outra que aplicar o acordado e que as presas na aprobación deste plan foron as que deron este resultado . A continuación contactamos co xefe de servizo de recursos humanos para queixarnos da falta de mecanismos cara a corrixir erros como o explicado, o xefe de recursos humanos contestounos que resultáballe complicado, unha vez publicado a adxudicación de admitidos, denegar os cursos. Tamén solicitámoslle que no futuro calquera listaxe sexa publicada por orde alfabético.  O xefe de recursos humanos dixo que como medida paliativa intentaría aumentar o número de prazas nos cursos máis solicitados.

Se ben parécenos unha boa medida a ampliación de prazas, esperamos que ante circunstancias parecidas nas que se detecten erros tan evidentes, se contacte cos representantes sindicais para buscar unha solución se é posible consensuada e así evitar unha mala aplicación de acordos acadados.

Achegámosvos o noso resumo da pasada MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Protocolo de medidas para a adaptación funcional da prestación de servizos das empregadas/os públicos do Concello da Coruña no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  3. Plan de e-formación do Concello da Coruña e liñas de futuro
  4. Acordo relativo á compensación dun festivo no exercicio 2020.
  5. Ratificación do acordo en mesa técnica en relación co horario dos/as conserxes de colexios.
  6. Rogos e preguntas

 

  1. En canto a acta, está pendente de redacción por parte da anterior xefa de persoal. Queda a súa aprobación na próxima MXN.
  2. O concelleiro de persoal, antes de ausetarse da MXNA presentounos ao novo Xefe de Persoal. A continuación o novo Xefe fixo unha exposición do PROTOCOLO DE TELETRABALLO afirmando que a intención da xuntanza de hoxe neste asunto era escoitar as nosas aportacións.

O xefe de persoal fai mención a que non creen no tele-traballo como un fin en si mesmo e que este documento o consideran  como unha ferramenta na mellora administrativa da organización.

Dadas as circunstancias e tendo en conta o carácter provisional deste protocolo, a CIG está da cordo co modelo presentado polo xefe de servizo e ca maior parte do seu contido, que non publicamos xa que o seu carácter non definitivo pode levar a crear confusión ao persoal se o seu contido non se axusta ao documento final.

Chegado este punto fixemos as seguintes:

ACHEGAS CIG PARA O PROTOCOLO DE TELE-TRABALLO

  • Por similitude co resto de traballadores/as alleos/as ás AAPP, solicitamos que se aumentara o mínimo de xornada laboral proposto polo concello.
  • Que en canto as persoas sensibles fronte ao COVID-19, faltan avaliacións de riscos laborais en postos de traballo. Solicitamos que se realicen no futuro.
  • Devido ás dúbidas en canto as funcións dos postos de traballo, preocúpanos a interpretación que poidan facer as distintas xefaturas de servizo en canto as autorizacións. Solicitamos que no caso de conflitos, se teña información permeable das distintas interpretacións e evitar discriminacións en función do posto que se ocupa ou da xefatura de que dependa.
  • Control do tempo de traballo en canto aos posibles accidentes de traballo para determinar se se produce na xornada laboral.
  • A avaliación do desempeño que se faga ao persoal en teletraballo debería aplicarse á totalidade da plantilla, implementalo agora sería de gran axuda á hora de aprobar dunha vez por todas a CARREIRA PROFESINAL(solicitada por este sindicato reiteradamente). Ademais a avaliación sobre a totalidade, evitaría discriminar as persoas que tele-traballan sobre o resto do persoal municipal.
  • Para a CIG o máis importante é que este protocolo é temporal. Nunha futura prestación de tele-traballo en situación de normalidade deberá ser negociada. Solicitamos que este documento non sexa utilizado coma definitivo no futuro.
  • Por último recordamos unha petición previa da XUNTA DE PERSOAL aprobada unánimente, sobre que o persoal con dependentes ao cargo portadores do COVID-19 e que teñan a obriga de permanecer na casa sen declaración de ser portadores do virus, teñan a mesma consideración de portadores do COVID-19.
  1. O plan de tele FORMACIÓN DA EGAP non é a totalidade do plan formativo para o Concello e proximamente propoñerán un documento de maior alcance, esta primeira parte servirá para testar a plataforma ONLINE e avaliala.

Parécenos correcta a proposta para iniciar a tele formación, se ben pensamos que os criterios de selección no apartado de valoración respecto a distancia no tempo co último curso realizado, habería que cronificalos en máis tramos e non só en menos ou máis de dous anos. Aceptan a nosa proposta de establecer tres tramos na valoración.

  1. Propoñen a COMPENSACIÓN POLO 15 DE AGOSTO en un día de asuntos propios que poderase desfrutar ata o 31 de marzo. Tramitarán unha instrución aos efectos oportunos.
  2. Ratifícase por unanimidade o acordo acadado nas Mesas técnicas de Conserxes de Colexio.
  3. ROLDA DE INTERVENCIÓNS

A petición dun sindicato, aceptan o pagamento do plus de protocolo ao persoal de conserxería.

Solicitan información da licitación do contrato que fará a VALORACIÓN DA RPT. A CIG recorda que hai o compromiso de NEGOCIAR O METODO DE VALORACIÓN, o Director de Facenda e Persoal recoñece ese compromiso.

A CIG reitera a petición da información das COMISIÓNS DE SERVIZO LIGAZÓN, advertimos que se non é facilitada, por consello da nosa asesoría xurídica, a reclamaremos por vía xudicial, contestan que van a estudar a forma de que teñamos acceso a esa documentación.

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.

O martes as 20:00 a xefatura de persoal enviounos documentación sobre os asuntos a tratar, tivemos que volver a recordar que fixeran entrega da listaxe de postos orzados e dos vacantes, única maneira de comprobar que non existen irregularidades... anotaron novamente a petición sen máis...

 

ANEXO CONCURSO 1/2019 e como mudan as necesidades e urxencias...

Unha vez comparado co anexo anterior, salvo erro ou omisión atopamos as seguintes diferencias co anexo do concurso específico aprobado anteriormente.

POSTOS ENGADIDOS Á CONVOCATORIA

ELIMÍNANSE  DA CONVOCATORIA
8 398
386 402
443 1188
445 1266
1154 1298
1252 1321
1267 1536
1304 1724
1305 1752
1535  
1560  
1619  
1686  
1699  
2089  


Preguntamos a que obedecían estes cambios, a xefa de persoal contestou que pasou un ano dende a publicación anterior e que estes cambios responden a intención de non perpetuar as comisións de servizo, é curioso cando as persoas que os ocupaban marcharon a novas CS, comentou tamén que detectaron algún erro sobre postos que eran de orixe(que teñen titular pero este está en CS)  e non podían saír. O argumento esgrimido pola xefa de persoal é que prioriza os que están en CS e non os vacantes producidos por novas CS... valorade por vós mesmos, a nós non convence de que isto vai a impedir máis CS.

Mención a parte foi o argumento da xefa de persoal sobre a inclusión de adscricións provisionais, resulta estraño que a CIG solicitara que tamén foran incluídos no concurso ordinario e fora rebatido polo servizo de persoal no contencioso administrativo que xa todos coñecedes, podedes comprobalo aquí LIGAZÓN concretamente na páxina 6.

Volvemos a cuestionar que continúen os concursos dende abaixo, polas consecuencias que traerán, recordade que as persoas que  ocupan as xefaturas de servizo poden verse na necesidade de concursar... resultado máis CS?  tampouco convence a prioridade marcada, neste caso do concelleiro de persoal.

Cando se falou da periodicidade dos concursos de provisión de postos a CIG defendeu un prazo inferior aos dou anos por dous motivos fundamentais, o primeiro é que as comisións de servizo teñen de duración máxima dous anos e de non sacalas a concurso o concello incorrería nunha nova ilegalidade, se as prolonga, e o segundo a de estabilizar ao persoal nos postos, de todos é sabido que consecuencias produciron os sucesivos concursos de comisión de servizo do anterior goberno Municipal.

Fixemos tamén mención a situación que se pode producir coa nova RPT ao ter que eliminar, en aplicación do artigo  76. Que di textualmente, referido ao grupo A: A clasificación dos corpos e escalas en cada Subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso. Isto pode supoñer que nos atopemos que pode ocorrer que algunha persoa titular dun posto de A1 non cumpra cos requisitos, isto causara un problema que teremos que resolver no seu momento.

Cando se lle recordou ao concelleiro o prazo que figura no acordo marco a súa resposta foi, unha vez mais, de menosprezo dese acordo, facendo mención a que se aprobou “ dez dias antes de que abandonaran o goberno”

 

A MOD RPT, e a falta de criterios técnicos

Dentro da potestade organizativa que ten o Goberno Municipal para acometer cambios na Relación de Postos de Traballo, criticámoslle:

  • A amortización de postos inferiores en beneficio da creación de postos superiores ca carga de traballo que supón para os primeiros.
  • Apertura dos postos das secretarias de Adm. Xeral a Adm Especial, nin fan mención as titulacións específicas que nós consideramos necesarias para a Adm Especial nin xustifican este cambio.
  • Apertura dunha xefat. de departamento en museos a todas as administracións, pois aseguraron que non hai persoal municipal ca titulación requirida... aquí si conta o tema da titulación.

Fora do ámbito organizativo da RPT que deberían ser obxecto de negociación, manifestamos a noso rexeitamento a:

  • Que se modificaran os específicos dalgúns postos cando se nos ten dito por activa e por pasiva que iso non tocaba ate a próxima RPT. Non cuestionamos que sexan acaídos ou non, senón que non se apliquen a tódolos que están nas mesmas circunstancias.
  • Asemade cuestionamos que aos postos de nova creación se lles asignen específicos co método de comparación con outros, de todos e sabido que na RPT vixente se manteñen postos de traballo iguais con retribucións diferentes e cando se fixeron reclamacións con este criterio foron rexeitadas.

Isto pode dar lugar a pensar que se utilizan criterios de carácter persoal  e non técnico.

Solicitamos que se nos facilite o informe de intervención sobre os cambios retributivos e a valoración dos novos postos

 

En canto cambios das NORMAS DE XESTIÓN

Despois de ter rexeitada a nosa alegación LIGAZÓN sobre as incompatibilidades da LD e a DP, por fin “ caeron da burra

  • ARTICULO 52: Incompatibilidades retributivas.
  • Entre os conceptos retributivos previstos neste Título establécense as incompatibilidades seguintes:
  • A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si. A especial dedicación é incompatible cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN) e coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias  

 

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2020 que a CIG vincula ao de 2021

Se ben a oferta en canto as promocións para O COLECTIVO DOS/AS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS parécennos insuficiente, a CIG solicitoulle o compromiso claro ao Concelleiro de Persoal da inclusión das restantes prazas de C1 para acadar o 100% das promoción posibles na OPE do ano 2021. O concelleiro aceptouno e comprometeuse a incluílas no 2021.

O concelleiro falou con pesar da cantidade de procesos por abordar, os achegados nesta mesa e os arrastrados de anos anteriores, informounos de que seríamos convocados a unha mesa exclusivamente para tratar  de buscar maneiras de axilizar todos os procesos, contestámoslle que podía contar ca nosa axuda.

ROLDA DE INTERVENCIONS

O concelleiro manifestou que estaban traballando nun documento para regular o tele traballo e mencionou que estaban a usar como referencia o da Xunta de Galiza.

Ante o anuncio de onte 28 de abril do ministerio de sanidade en canto á desescalada gradual do confinamento derivado do COVID-19, a sección sindical da CIG
 
SOLICITAN
Que antes de reincorporar aos empregados municipais aos seus postos de traballo, se convoque ao comité de saúde laboral para analizar e determinar as medidas de prevención que se deberán implementar para garantir a saude do persoal ao servizo do concello da Coruña.
 
A coruña 29 de abril 2020
 
Ana Isabel Filgueiras Espasandin  Delegada de Prevención de Riscos Laborais
José María Calatayud Sánchez secretario sección sindical da CIG

A sección sindical da CIG foi convocada a unha xuntanza co concelleiro, o motivo desta convocatoria foi darnos a coñecer o resultado que tiveron as nosas alegacións no orzamento 2020 e o de coñecer a nosa posición sobre algúns asuntos.

ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS 2020 

As alegacións presentadas pola CIG foron presentadas o luns 27 de xaneiro LIGAZÓN, o día seguinte martes 28 de xaneiro,  tivemos reunión da Xunta de Persoal e cando se falou de solicitar a Comisión de Control e Seguimento do Acordo Marco a CIG manifestou a súa intención de absterse por non ser asinantes de dito acordo. Informamos que a pesar de non asinar o acordo defendemos a súa aplicación e que para esixir o seu cumprimento xa tiñamos presentado alegacións ao cadro de persoal.

UGT e CCOO  presentaron alegacións o venres día 31 de xaneiro e ningunha destas alegacións fai mención a un número determinado de prazas que si formaban parte das alegacións da CIG.   

 Tivemos coñecemento de que o informe de Persoal sobre as alegacións dos sindicatos era contrario á súa estimación, este informe incluía o dato do número de vacantes que conformaban o subgrupo C1. Con este novo dato recalculamos o número de prazas do subgrupo C1 que farían falta para acadar que  o 40% das prazas do subgrupo C2 mais as prazas de promoción ao subgrupo C1 de anteriores OPE puideran promocionar neste ano, o numero de prazas do subgrupo C1 que debería figurar no cadro de persoal segundo as nosas contas era de 273. Con este novo dato na man , tendo en conta que o grupo de goberno necesitaba dos votos do BNG e da Marea Atlántica para aprobar de xeito definitivo os orzamentos, acudimos  a estes dous grupos para que apoiaran as nosas demandas e o resultado é o que todas coñecedes. Agradecemos a estes dous grupos políticos o seu apoio, nomeadamente ao BNG que dende o minuto un comezou a facer as xestións necesarias para acadar este resultado

Criticamos a falta de criterio dos responsables da xestión de persoal polo diferente tratamento que fan das alegacións e recursos que se presentan e que nalgúns casos paralizan procedementos e noutros exactamente iguais tiran para adiante, ou reclamacións que nalgúns supostos son contestadas e noutros non. Trasladámoslle a nosa preocupación por esta diferencia de trato, que para nós dependen de quen veñan, porque hai reclamacións que non causan ningún tipo de efecto e se deixan pasar e acaban no xulgado e outras que sen necesidade que vaian ao xulgado paralizan, estas situacións o único que fan é  provocar agravios comparativos e moito malestar entre o persoal. Un claro exemplo é o da Incompatibilidade da RPT e  as Normas de Xestión, a CIG fixo unha alegación á RPT 2019 poñendo de manifesto o erro en canto a incompatibilidade do cobro de DP con JP e FN e este erro mantívose na aprobación definitiva cun informe de persoal no que se desestimaba a nosa alegación, corrixir este erro non con leva gasto algún. Pola reacción do concelleiro,ao manifestarlle que manter iso e seguir pagando igual polos dous conceptos pode supor un delito de prevaricación creemos que vai a reconsiderar este asunto

OUTROS TEMAS EXPOSTOS POLO CONCELLEIRO

Formación: o concelleiro trasladounos que están a rematar unha proposta de formación máis axeitada as funcións dos postos.

Fichaxes: sen ánimo de crear ningunha alarma, o concelleiro comentounos que estaba pensando en actualizar os controis nas fichaxes, establecendo algún sistema con pegada dixital o similar, contestámoslle que mentres se faga para todo o persoal municipal, a CIG non ten ningún tipo de problema nisto.

Proceso de Estabilización: solicitámoslle que se aplicara na fase de concurso o máximo que permita a lexislación e que se primase o tempo traballado nesta administración respecto de outras, explicámoslle que non aplicalo aquí supoñería unha desvantaxe para as persoas que están inmersas no proceso de estabilización deste concello respecto doutras administracións nas que si se está a diferenciar esta experiencia e mencionámoslle que hai sentencias neste sentido. O concelleiro mantivo a mesma postura que na última Mesa Xeral de Negociación e tamén mencionou que hai sentencias variadas sobre este asunto, para el, aplicar a nosa proposta sería unha discriminación respecto aos aspirantes de fora desta administración, non parece que vaia a mudar a súa opinión logo de aludir que está ben asesorado ao respecto.

OUTRAS CUESTIÓNS TRASLADADAS POLA CIG

Comisións de servizo: para ser algo do que a CIG informa de maneira tan exhaustiva LIGAZÓN , tanto as novas comisións e a falta de motivación como daquelas que forman parte de procesos ou de libre designación ou convocados fai tempo e paralizados, sorprendeunos a pouca preocupación que tiña o concelleiro con esta cuestión, mencionámoslle que estamos a espera dunha execución de sentenza que podería ter consecuencias de ceses inmediatos en postos de responsabilidade, contestounos que:

  • Pensa nunha modificación de RPT na que deixarían o 95% das xefaturas de servizo en libre designación coma forma de acceso (historicamente a CIG mantivo que as xefaturas de servizo deberían ser de LD).
  • Cría que as convocatorias dos procesos de comisións de servizo estaban publicados na súa totalidade, incluíndo os resultados, pero que ía consultalo.
  • Que o concurso pendente iría inmediatamente (Subgrupos A2 e A1).
  • Pensa deixar sen efectos algún concurso específico convocado, en concreto referiuse ao de servizo de persoal.
  • E que vai convocar concurso de libre designación naqueles postos que están cubertos en comisión de servizo, unha vez que modifique a RPT para abrir algúns destes postos a administración especial.

Ocupación efectiva dos postos: queixámonos de que aínda hai persoal que non ten ocupado o posto polo que está a cobrar, manter estas situacións podería constituír unha prevaricación administrativa, tomaron nota destas advertencia.

OEP pendentes: solicitamos que axilizaran todos aqueles procesos pendentes de ofertas de emprego público non executadas, contestaron que van a intentar poñelos en marcha e simplificar os procedementos e agrupalos, solicitámoslles que os procesos de promoción interna se executaran este ano.

Saúde Laboral: volvemos a trasladar a preocupación ca falta de información dos resultados do Gas Radón, dixémoslle que se ben eramos conscientes de que a pesar de que os resultados excedían os parámetros que Europa marca dende febreiro de 2018 non estabamos alarmados, o que molesta deste asunto é a falta de información dos resultados nun claro comportamento de paternalismo por parte dos responsables en saúde laboral. Contestounos que a información será facilitada e que hai un comité de saúde laboral previsto para o mes de marzo.

 

O concelleiro finalizou facendo unha valoración do que espera para o futuro, o desenvolvemento, non do Acordo Marco do que non se sinte atado, se non dalgúns asuntos que estando nel son de obrigada negociación.  Temos que recordar  que, para a CIG, este ACORDO  MARCO, non era máis cunha declaración de intencións que non vinculaba a ningún futuro  Goberno e polo que ten manifestado este concelleiro de persoal  parece que tiñamos razón

 

Despois de darlle voltas ao acontecido na MXN do día 26 de decembro na que se falou da Oferta de Emprego Público do 2020 e do Cadro de Persoal deste ano, despois de recibir dende a Dirección de Facenda un pdf con co Cadro de Persoal para o 2020, despois do correo enviado pola UGT  na que se informa que o Goberno Municipal  eleva  a proposta de prazas de promoción interna de administrativos de 17 ( 13 de nova creación e 4 vacantes) a 48 prazas ( supoñemos que serán 44 de nova creación e as 4 vacantes). A información trasladada por UGT non foi facilitada ao sindicato CIG polo Goberno Municipal nin recibimos un novo cadro de persoal para o ano 2020 que ratifique  esta afirmación. Constatado que a información que se nos facilitou  nesa MXN contiña datos falsos analizamos os cadros de persoal e as OEP dende o ano 2014 e estes son os datos:

ANO

CADRO DE PERSOAL

CADRO DE PERSOAL

OEP

2014

86 Administrativo

211 Auxiliares Adm.

3

2015

78 Administrativos

203 Auxiliares Adm.

5

2016

80 Administrativos

203 Auxiliares Adm.

3

2017

81 Administrativos

189 Auxiliares Adm.

8

2018

101 Administrativos

202 Auxiliares Adm.

20

2020

124 Administrativos

205 Auxiliares Adm.

¿?


Durante o período do 2014 ao 2019 ofertáronse 39 prazas de promoción interna de Auxiliar a Administrativo e , no mesmo período o incremento das prazas de Administrativo foi de 15 prazas. A non resolución destas OEP produciu un aforro as arcas municipais de aproximadamente 211.000 € neste período.

O incremento do gasto que supón pasar de 101 a 124  administrativo e de aproximadamente 36.700 . Si se confirma o dato facilitado pola UGT de 48 prazas para o OEP do 2020 suporía un incremento do gasto en 76.700 aproximadamente.

Si aplicamos o Acordo Marco que asinaron UGT, CSIF e CCOO co goberno da Marea en proporción ao 80% para o ano 2020, proporción nada desatinada si se ten en conta que os Técnicos Audiovisuais promocionan  ao 100%, os bombeiros igual si se ten en conta aos que non cumpren os requisitos dos dous anos de antigüidade. Pois ben a promoción dos auxiliares a administrativos ate o 80% do Acordo Marco suporía un incremento de 123 prazas con un custo de 196.000€ ,aproximadamente, 15.000 € menos do que o concello se leva aforrado por non resolver as OEP anteriores.

A CIG sempre mantivo, en contra do criterio do goberno da Marea e do resto dos sindicatos , que o tan cacarexado acordo Marco non era ningunha panacea e que non supuña ningunha garantía de cara ao futuro. O Grupo Municipal da Marea ten nas súas mans demostrar que estabamos equivocados, xa que deles depende a aprobación do orzamento municipal proposto polo Goberno do  PSOE, e conseguir que se aplique o criterio do Acordo Marco  por eles asinado no seu grado máximo nestes orzamentos municipais.

O colectivo de Auxiliares Administrativos debería reflexionar sobre a diferenza de trato que recibe ao respecto doutros colectivos polos diferentes Gobernos Municipais. O traballo constante e calado, a asunción de tarefas por riba das súas competencias, a formación das novas incorporacións, incluso de superior categoría, non recibe a consideración que se merece por parte dos responsables políticos, sendo sempre os últimos para todo. Deberíamos de reflexionar si non será hora de limitarnos a realizar so as funcións propias do noso posto, que é polo que nos pagan, para que , dunha vez por todas se recoñeza o valor de seu traballo.

Mesa Xeral de Negociación Extraordinaria co seguintes puntos da orde do día:

  • Orzamentos e Cadro de Persoal do exercicio 2020
  • Dar conta do reparto do 0,30 da masa salarial previsto no Real Decreto-Lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

En primeiro lugar temos que dicir que achegámonos á MXN onde fundamentalmente iamos falar de NÚMEROS, sen ningún tipo de documentos nin datos.

ORZAMENTOS:

Oferta Publica de Emprego para o 2020 fundamentalmente orientada no incremento de  Técnicos (38 prazas máis)

Partida de 75.000€ para a contratación dunha empresa que elaborara unha nova RPT.

Dende a CIG preguntamos sobre se habería aportación ao plan de pensións, ao que fomos contestados que non e cunha cifra aproximada do que supoñería esta aportación, ±500.000€, contestamos que dende a CIG estaríamos dispostos a vincular esta cifra a nova valoración de postos, o concelleiro dixo que unha nova valoración non supoñía unha subida de salarios, se non unha adecuación á realidade.

Sobre o Plan de Formación, dixeron que pasaran un cuestionario a todo o persoal para determinar as necesidades, neste punto a CIG preguntou se había intención de recuperar acordos de formación coma os de Portos ou de Inditex para o servizo do SEIS, contestaron que non.

CADRO DE PERSOAL 2020

Déronnos conta verbalmente do cadro de persoal, ao marxe doutros datos mencionados por persoal e polas  contas que fixemos,  acometerán promocións internas no subgrupo C2 cas seguintes porcentaxes: 6,43%  Aux. Adm a Administrativos e dun 86% para Bombeiros,polo que  non respeta as porcentaxes do Acordo Marco que supoñían o paso de C2 a C1 nestes postos e que recordamos a continuación:

  • 40% entre 2019/20
  • 40% entre 2020/21
  • 20% no 2022

Dende a CIG mencionamos a importancia na estrutura organizativa do concello dos postos de Auxiliares Administrativos/as, tanto polo número (LIGAZÓN CADROS PERSOAL ANTERIORES) coma polas funcións que desempeñan, máis propias dunha categoría superior incluso de Técnicos. Esta diferencia porcentual de trato entre os diferentes colectivos, probablemente esté relacionada ca capacidade reivindicativa de cada un deles.  

0,30% INCREMENTO MASA SALARIAL

Coma ben mencionaba a orde do día, deron conta do reparto do 0,30% que segundo o concelleiro, non sería un reparto proporcional como aconteceu no 2019 e no que a parte da patronal e a sindical estivemos da cordo. O reparto será só entre 372 persoas que cobran menos de 2.000€ brutos ao mes (con todos os conceptos  retributivos) e ademáis nun concepto non consolidable  nunha PRODUCTIVIDADE. Converten un concepto retributivo nunha limosna de carácter anual.

Dende a CIG recordámoslle en primeiro lugar que este punto entraba dentro das materias obxecto de negociación que o EBEP regula no seu art. 37 e en segundo que este incremento non podía ir nunha produtividade.