CIG Concello A Coruña
Toggle Navigation
  • ACCIÓN SINDICAL
  • NEGOCIACIÓNS
  • COMISIÓNS DE SERVIZO
  • RPT-RETRIBUCIÓNS
  • PREGUNTAS HABITUAIS
  • SAÚDE LABORAL
  • PRENSA
  • HISTÓRICO
  • AFILIATE

ACCIÓN SINDICAL

A CIG no Concello da Coruña critica "a neglixencia" na cobertura das prazas de Policía Local polo sistema de mobilidade

  • imprimir
  • Correo electrónico

A sección sindical da CIG leva denunciando dende hai máis dun ano "a neglixencia coa que está a actuar o Concello da Coruña en canto á cobertura definitiva de 10 prazas de Policía Local polo sistema de mobilidade".

Nunha primeira instancia foi o servizo de persoal quen paralizou este proceso, mentres tramitaba á Academia Galega de  Seguridade Pública (AGASP) as prazas de quenda libre, "que son as máis dificultosas de tramitar posto que ademais de superar os exames tamén teñen un período de formación e práctica". Porén, lembran, as prazas convocadas por mobilidade non foron obxecto de trámite administrativo ningún até que a CIG,  o 2 de xullo 2019, enviou unha nota de prensa denunciando estas situación. A raíz disto iniciouse a convocatoria das prazas.

"Lamentabelmente en novembro de 2019 vímonos na obriga de enviar outro comunicado público porque, a pesar de que en setembro se publicou a listaxe de persoas admitidas, ás portas do Nadal non había nada resolto", critica a sección sindical.

A derradeira resolución sobre este asunto é de febreiro de 2020, coa publicación da listaxe definitiva de aspirantes e a composición do tribunal cualificador. Este tribunal, apuntan, está composto por altos mandos do propio corpo. "A sección sindical da CIG non entende que un tribunal que coñece a necesidade e urxencia de efectivos no corpo da Policía Local da Coruña demore, ao noso entender de maneira neglixente, a cobertura destas prazas".

A día de hoxe, a vista de que os policías da quenda libre xa están incorporados, "seguimos pensando que ou ben existe algún tipo de interese en paralizar sine die este proceso ou o concelleiro de Persoal debería esmerarse máis na elección dos membros dos tribunais cualificadores atendendo, fundamentalmente, á súa competencia e capacidade de traballo".

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: PRENSA
Published: 09 Xullo 2020
Visitas: 1860

1 DE MAIO MANIFIESTRACCION

  • imprimir
  • Correo electrónico

 1º DE MAIO. PROTEXAMOS A CLASE TRABALLADORA, NON O CAPITAL!
Por unha Galiza soberana e con futuro!

  Continuamos coa campaña do 1º de Maio, Día Internacional da Clase
Traballadora. Onte, martes 28 de abril, cando se conmemoraba o Día
Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, desde A CIG REALIZAMOS
VARIAS PROTESTAS SIMBÓLICAS DIANTE DE DIVERSOS CENTROS DE TRABALLO EN
TODO O PAÍS, para esixir dos gobernos español e galego e das empresas
o cumprimento estrito das medidas de seguridade laboral para quen está
traballando, o cobro do paro e dos salarios, e medidas de protección
social para todas as persoas, sen exclusións nin discriminacións.

  Tes máis información sobre estas protestas simbólicas nesta nova:
https://i.gal/diamundialsaude

  E aquí un vídeo resumo das accións: HTTPS://YOUTU.BE/ALOMKDC7HWI [1]


  O PRIMEIRO DE MAIO REIVINDICA COA CIG, desde a túa xanela ou balcón.

  AXITA AS TÚAS BANDEIRAS E CANTA A INTERNACIONAL ÁS 12H.

  ·  Para o propio día do 1º DE MAIO, ÁS 12H, imos levar a cabo unha
_MANI__FIESTRA__CCIÓN:_ manifestarémonos desde as nosas fiestras
cantando a Internacional. Para iso, deixámosche aquí unha ligazón ao
vídeo coa Internacional e a súa letra, para que poidas emitilo desde a
túa fiestra, e cantalo xunto con toda a clase traballadora: Versión en
galego da Internacional Socialista

  ·  Desde o mércores 29 de abril coloca na xanela, balcón ou varanda
a BANDEIRA DA PATRIA GALEGA (podes pintala nun folio) e unha BANDEIRA
VERMELLA (podes usar un pano vermello que teñas por casa) para
visualizar a data e participar da reivindicación. No propio 1 de Maio,
axita as bandeiras, que se vexan!

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: PRENSA
Published: 30 Abril 2020
Visitas: 1863

NOTA PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN MOBILIDADE POLICÍA LOCAL 28 DE NOVEMBRO 2019

  • imprimir
  • Correo electrónico

A sección sindical da CIG critica o escaso interese do Goberno da Coruña para avanzar na reposición das prazas da Policía Local

A cobertura de persoal polo sistema de mobilidade leva un ano paralizada

A sección sindical da CIG no Concello da Coruña quere alertar do escaso interese mostrado polo Goberno Municipal no relativo á reposición do cadro de persoal no servizo de Policía Local. Critican que dende o servizo de Persoal "fíxosenos crer en 2018 que existía unha planificación para abordar a reposición de policías locais no Concello da Coruña", xa que tras da implantación do Real Decreto 1449/2018, existía a posibilidade de que 40 axentes solicitaran un adianto na idade de xubilación, "tal e como aconteceu finalmente".

Os sistemas de selección deste corpo fíxaos a lei 4/2007 de coordinación da policías locais de Galiza, nomeadamente de quenda libre e mobilidade. A planificación do servizo de persoal sustentábase nas OPE 2017 e 2018 que incluían, entre outras, as prazas de 39 policías:

-2017: 3 en quenda libre e 2 polo sistema de mobilidade.

-2018: 26 en quenda libre e 8 polo sistema de mobilidade.

Lembran que a sección sindical da CIG leva solicitando dende inicios de ano a convocatoria e resolución da cobertura de vacantes polo sistema de mobilidade. A primeira, en abril de 2019, tendo como resposta a publicación de bases no BOP o 10 de xuño, e a segunda, no mes de xullo, tivo como consecuencia a publicación das bases no BOE o 2 de agosto, que incluían as 10 prazas de policía local pola quenda de mobilidade.

O sistema máis rápido, paralizado

Neste senso, sinalan que o sistema por mobilidade resulta "o máis rápido e económico ao ser o que selecciona a policías xa formados/as". Ademais, o trámite administrativo aforra a avaliación de probas selectivas, quedando só a de valoración de méritos en fase de concurso. "Porén, a día de hoxe esta convocatoria atópase paralizada e a que resulta máis custosa e lenta (quenda libre), que está tramitando a Academia Galega de Seguridade, está a piques de rematar. Mentres, a que tramita directamente o Concello, en teoría a máis rápida, leva un ano paraliza".

A consecuencia de non resolver este proceso, engade José María Calatayud, secretario da sección sindical, "é que incide na organización interna do servizo da Policía Local pola falta de persoal. Temos constancia da negación de días de asuntos propios en máis dunha ocasión co argumento de falta de efectivos nas distintas quendas, algo que pode agravarse no período de nadal. Tamén temos que recordar que o servizo de policía é un servizo deficitario en número de efectivos, o que obriga a realizar numerosos servizos con horas extraordinarias, o que supón un malgasto dos recursos públicos".

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: PRENSA
Published: 29 Novembro 2019
Visitas: 1819

NOTA DE PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN MOBILIDADE POLICÍA LOCAL

  • imprimir
  • Correo electrónico

O Servizo de Persoal do Concello da Coruña dificulta a cobertura de 10 vacantes de Policía Local polo sistema de CONCURSO por mobilidade.

ANO 2018

O Concello ante a inminente xubilación de máis de 40 efectivos, o 26 de decembro de 2018 aprobou de urxencia 34 novas prazas de Policía Local, das que 26 son de QUENDA LIBRE e 10 serán cubertas polo sistema de CONCURSO procedentes doutros Corpos de Policía da Comunidade Autónoma Galega atendendo aos requisitos de mobilidade da Lei coordinación de policías locais de Galicia.

Na comisión de Facenda e Administración do Concello da Coruña do 3 de abril de 2018 o Concello da Coruña decidiu delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza a competencia para as convocatorias de selección para a categoría de policía, debendo comunicar á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para que esta desenrolase os procesos.

A pesar de que tanto as prazas de QUENDA LIBRE como os de CONCURSO deberían de pasar pola AGASP, pensamos que dende o servizo de persoal municipal decidiuse unilateralmente só comunicar as da quenda libre, descoñecemos que intereses pode haber para reservar as 10 prazas do sistema de CONCURSO e querer xestionalas dende o propio servizo de persoal, sobre todo pola queixas continuadas sobre a carga de traballo que nel recae.

ANO 2019

O Concello da Coruña tiña a primeiros de ano a previsión da cantidade de xubilacións que se producirían no 2019,  porén ou non quixo ou non foi capaz de tramitar 10 vacantes de Policía Local polo sistema de CONCURSO por mobilidade que aportaría Policías xa formados e operativos dende o minuto 1. 

Ante a urxencia de efectivos na Policía Local e a pasividade demostrada polo Concello da Coruña,  o pasado 16 de abril de 2019 dende a CIG vímonos na obriga de solicitar que se nos informara dos motivos que levaron a non tramitar (ligazón) a cobertura das 10 vacantes de Policía Local reservadas ao sistema de CONCURSO por mobilidade. Tivemos constancia que a nosa solicitude provocou nese momento unha reunión de urxencia entre responsables do servizos de persoal e de asesoría xurídica para abordar este asunto, o resultado final foi a aprobación o 15 de maio dunhas bases de acceso á categoría de policía no Corpo da Policía Local  reservadas para o sistema de CONCURSO por mobilidade, estas foron publicadas no BOP o 10 de xuño, publicación que adoece de erros que impide a súa concreción inmediata. (dende o ano 2016 os requisitos para participar deben ser 3 anos de antigüidade e non de 5 como figura nas bases publicadas)

Agora a primeiros de xullo, atopámonos no medio do período vacacional, coas consecuencias que isto con leva: escaso número de efectivos tanto para a organización interna do servizo coma para as resolucións de calquera tipo de permisos para os/as Policías Locais. 

Dende a CIG queremos MANIFESTAR a nosa indignación pola  xestión realizada polo servizo de Persoal, que fixo que este asunto se demorase moito máis tempo do debido sen estar claro a día de hoxe cando se poderá levar a cabo, quizás deberíamos preguntarnos se existe algún tipo de interese dificultara cobertura das vacantes producidas no servizo da Policía Local do Concello da Coruña.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: PRENSA
Published: 03 Xullo 2019
Visitas: 2500

PROGRAMA ELECTORAL DA CIG MAIO 2019

  • imprimir
  • Correo electrónico

O NOSO COMPROMISO

Defenderemos coa contundencia que nos define, a igualdade de trato entre todo o persoal do Concello da Coruña, con independencia da súa categoría profesional ou do servizo onde desenvolva os seus cometidos.

COMISIÓNS DE SERVIZO vs CONCURSO

Consideramos o concurso como o único sistema aceptable para a cobertura dos postos vacantes e consecuentemente loitaremos, como ate agora, contra a utilización fraudulenta das comisións de servizo e das adscricións provisionais

CARREIRA PROFESIONAL

A carreira profesional é un dereito dos/as empregados/as públicos/as e a súa implantación é unha obriga que a lexislación vixente impón as diferentes administracións. Cada día que se perda por non implementala, supón un novo agravio retributivo ao persoal do concello. Pularemos pola negociación dun regulamento que, xa sexa con carácter provisional ou definitivo, poidamos avanzar cara ao futuro.

VIXILANCIA DA SAÚDE LABORAL

Enfrontaremos con firmeza e determinación a problemática existente en materia de prevención de riscos laborais, mostrando unha especial atención aos riscos psicosociais e a vixilancia da saúde, poñendo a lupa no asunto do gas radón

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT)

Creemos que un obxectivo prioritario do novo período debe ser a confección dunha nova RPT, que partindo de cero reordene e unifique a disparidade de retribucións de postos de traballo con identidade de funcións e cometidos, que desagregue os diferentes factores que compoñen o FR e que aclare dunha vez o concepto de Especial Dedicación. Todo isto con criterios claros, sostibles tecnicamente e de aplicación universal.

FORMACIÓN

Darémoslle prioridade, como fixemos ate o de agora, as propostas que nos fagades chegar e negarémonos a avalar as propostas formativas de carácter anual que non cumpran cos criterios de universalidade e equidade no reparto e distribución das accións formativas.

Por todo isto

NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS SINDICAIS O 23 de Maio VOTA CIG

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: ELECCIÓNS
Published: 16 Mai 2019
Visitas: 1623

CANDIDATURA CIG Á XUNTA DE PERSOAL MAIO 2019

  • imprimir
  • Correo electrónico

1.   Jose María Calatayud Sánchez..........Urbanismo

2.   Ana Isabel Filgueiras Espasandin.....Conserxe de Educación

3.   Roberto Tizón Miguens.....................Área Económica

4.   Cristina Díaz Mira…………………………Xustiza Social

5.   Jose Luis Leira Caparros...................Seg. e Mob. Bombeiro

6.   Natividad García Teijeiro..................Contratación

7.   Flora Dopico Bouzamayor……………...Banda Municipal

8.   Rosario Gregorio Fernández...............Urbanismo

9.   Fernando Méndez Galán……………………Cemiterio

10.       María Porto Cagiao …………….…………Xustiza Social

11.       Alejandro López Calviño....................Seg. e Mob. Policía

12.       Raquel Seijo Gomez.......................... Xustiza Social

13.       Jose Antonio Costa Vales........................Informática

14.       Francisco Javier Abeledo Alcalde……………Cemiterio

15.       Silvia Castro Rodríguez....................Seg. e Mob. Policía

16.       Oscar Eiroa Patiño.............................Urbanismo

17.       Concepción López Corral....................Estación Autobuses

18.       Beatriz Doldán Theodosio...................Cultura

19.       Lourenzo Castro Pérez.........................Banda Municipal

20.       Roberto Rivas España.......................Seg. e Mob. Bombeiro

21.       Laura Tur Llonart..............................Bibliotecas

22.       Jesús Villaverde Zas........................... Área Económica

23.       Begoña Aranzazu Fernandez Rey………….Aux At. Cidadá

24.       Gabriel Rodríguez Gutiérrez..................Seg. e Mob. Bombeiro

25.       María Elvira Platas López…………………… Conserxe Educación

26.       Manuel Lema Pose.............................Cultura

27.       Fabiola Gonzalez San Roman……………. Área Económica

28.        Luis Maroño Astray............................Medio Amb Cemiterio

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: ELECCIÓNS
Published: 16 Mai 2019
Visitas: 1906

ORGANIGRAMAS RPT

  • imprimir
  • Correo electrónico

Nesta publicación, podedes consutar os ORGANIGRAMAS baseados na Relación de Postos de Traballo (2020) do Concello da Coruña, esta publicación obedece á nosa interpretación de dependencias organizativas, pois a falta dun documento oficial non podemos dala por válida ao 100%. Usar zoom+-  para navegar polas distintas áreas, servizos e departamentos representados por CÍRCULOS. 

      LIGAZÓN     

 

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: RPT
Published: 26 Setembro 2020
Visitas: 2199

AFILIATE Á CIG

  • imprimir
  • Correo electrónico

Na seguinte LIGAZÓN poderedes descargar a ficha de afiliación, para máis información en canto a súa tramitación, poñedevos en contacto a través da conta de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando á extensión número 10141.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: Preguntas habituais
Published: 15 Decembro 2020
Visitas: 4169

O GOBERNO MUNICIPAL SOLICITOUNOS COMPRENSIÓN CAS COMISIÓNS DE SERVIZO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Comprensión ca situación das comisións de servizo, foi o que nos solicitou o pasado 9 de xaneiro de 2024 o que por entón era o Coordinador de Facenda, Persoal e agora ostenta o cargo de Director con responsabilidades directas en PERSOAL, se temos en conta a sentenza firme do 20 de marzo de 2019 145/19 do TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA que remataba dicindo:

 

Solicitude de comprensión por parte dos máximos responsables que chegaron (seguen sendo os mesmos) en maio de 2019 e que tiñan unha encomenda xudicial moi clara, SER DILIXENTES NOS CONCURSOS para evitar o cese entre outros postos os da maior responsabilidade no noso concello.

En xuño de 2019 a CIG tivo a primeira reunión cos máximos responsables de persoal, unha reunión que mantivo con cada unha das sección sindicais por separado, nós entre outras cousas trasladámoslles a situación da provisión de postos, pola súa parte todo foron boas palabras e comprensión sobre o que comentamos, pero a realidade é que pasaron 65 meses e a maiores das 200 CS que existían en 2019, moi lonxe de actuar con sentido común,  a concellaría de persoal e a súa dirección promoveron nada menos que 303 NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO, durante estes anos a CIG tivo que reiterar requirimentos no xulgado para que se executase a sentenza de 2018 ratificada en marzo de 2019. Tamén vímonos na obriga de denunciar no xulgado novos abusos en canto ao uso das CS como da falta de transparencia na adxudicación dalgún posto de traballo.

A situación a día de hoxe a provisión de postos de traballo está totalmente desmadrada, pois unhas CS provocan postos que quedan libres e que provocan CS en cadea.

Á vista da cantidade recente de convocatorias, e por todo o anteriormente comentado,  CIG non deixa nin deixará de denunciar esta práctica abusiva que non garante a igualdade de oportunidades entre o persoal municipal e perpetúa un sistema discriminatorio na provisión de postos.

Xa para rematar queremos achegarvos unha gráfica que reflicte moi ben a NEFASTAS XESTIÓN que se fixo ata agora da provisión de postos de traballo neste concello, 303 NOVAS CS en cinco anos e pico, difícil ter COMPRENSIÓN, tanto polos datos como polo comportamento amosado ata agora.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: cs
Published: 05 Novembro 2024
Visitas: 1558

AS COMISIÓNS DE SERVIZO POST CONCURSO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Nesta nova podedes consultar ou descargar a situación das CS que a pesar da resolución do CONCURSO ESPECÍFICO 1/19 o pasado 11 de febreiro de 2024, reflicte un problema enquistado en canto a provisión de postos, provocando un rompecabezas cara á organización e un impedimento á carreira profesional, A VERTICAL, para a totalidade do persoal municipal

Salvo erro ou omisióna a listaxe das CS    LIGAZÓN

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: cs
Published: 01 Marzo 2024
Visitas: 877

MOTIVACION DA URXENCIA DE COBERTURA DE POSTOS EN CS

  • imprimir
  • Correo electrónico

 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación  no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

En data 24 de Xaneiro de 2024 e 1 de febreiro de 2024 publicáronse convocatorias para a cobertura temporal, mediante comisión de servizos, de varios postos de traballo.

 

En ambas convocatorias figuran varios postos de traballo  que saen publicados no anexo de postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19, publicado mediante resolución de data 3 de Xaneiro de 2024.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

Se informe a esta sección sindical sobre os motivos que xustifican a urxencia e necesidade de convocar a cobertura temporal mediante comisión de servizos dos postos anteriormente mencionados, tendo en conta que algúns forman parte dos postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19.

 

 

 

 

A Coruña a 5 de febreiro de 2024

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: cs
Published: 05 Febreiro 2024
Visitas: 866
  • Vostede está aquí:  
  • Home

Back to Top

© 2025 CIG Concello A Coruña