ACCIÓN SINDICAL
SOLICITUDE DE APLICACIÓN DO RDL 6/2023
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Mediante publicación no BOE de 20 de decembro entrou en vigor o Real Decreto Lei 6/2023 de 19 de decembro polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público, de xustiza, función pública, réxime local e mecenazgo.
Este Real Decreto Lei establece, hasta que se aprobe a normativa regulamentaria correspondente, na sua Disposición Transitoria Sexta os intervalos de niveis correspondentes a cada grupo ou subgrupo de clasificación.
Os intervalos de niveis son normativa básica e, polo tanto, de aplicación a todos os funcionarios de calquera administración pública.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se aplique o establecido na disposición transitoria sexta do RDL 6/2023 de 19 de decembro a todos aqueles postos da RPT do Concello da Coruña aos que lles corresponda.
A Coruña a 19 de febreiro de 2023
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3152
ASIGNACION DE FUNCIONS EN XEFATURAS DE SERVIZO
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Que pola información que lle consta a esta Sección Sindical o cese das persoas que ocupaban en comisión de servizo algunhas Xefaturas de Servizo neste Concello, derivado das tomas de posesión dos postos adxudicados na primeira fase do concurso, estase solventando mediante a asignación de funcións ou encomendas de xestión a estas mesmas persoas que ocupaban o posto en comisión de servizo ata o seu cese.
O dito no parágrafo anterior supón, en moitos casos, que recaian de maneira simultánea nunha mesma persoa as funcións de dous postos de máxima reponsabilidade deste concello, postos con especial dedicación que é imposible que poidan exercerse á vez sin que eso supoña un menoscabo no funcionamento desas áreas e coas consecuencias que pode acarrear para o funcionamento da administración pública municipal e de cara á cidadanía da Coruña e do seu dereito a uns servizos públicos de calidade.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se facilite información a esta Sección Sindical sobre si se están facendo asignacións de funcións ou encomendas de xestión nos postos de Xefatura de Servizo e/ou Departamento que estaban ocupados temporalmente mediante comisións de servizo ata o cese nas mesmas derivado das tomas de posesión da primeira fase do Concurso 1/19, e, no caso de que así sexa, se nos informe sobre en que servizos se están dando, a que postos se lle encomendan, que funcións en concreto se asignan e a motivación das mesmas.
A Coruña a 19 de Xaneiro de 2024
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4049
ALEGACIONS FASE DE RESULTAS CONCURSO
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Mediante resolución de data 3 de Xaneiro de 2024 iniciábase a fase de resultas do Concurso Ordinario 1/19 e ábrese un trámite de audiencia de 10 días hábiles durante o que se poderán presentar alegacións en canto á proposta e ao Anexo de postos ofertados.
Polo anteriormente exposto ALEGO:
- Posto 329: Xefatura de Departamento de Exposicións e Coleccións
Na resolución do 3 de Xaneiro de 2024, na consideración técnico-xurídica segunda, dise que non figura nos postos ofertados na fase de resultas o posto 329 porque se alteraron as características mediante a modificación puntual da RPT e que obriga a excluílo da fase de resultas polo agravio comparativo que suporía e amparándose no dereito fundamental á igualdade.
O Concello da Coruña era coñecedor de que o posto 329 estaba inmerso nun proceso de concurso cando fixo a modificación puntual da RPT aprobada pola xunta de goberno local o 11 de Outubro de 2023.
A modificación puntual da RPT non pode aplicarse con carácter retroactivo a un posto que saiu a concurso cunhas características determinadas.
- Posto 386: Músico.
Este posto aparece ofertado no Anuncio relativo á Modificación da relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de psotos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña publicada o 29 de xuño de 2020 no BOP da Coruña nº 96.
Porén, non consta adxudicado na relación de postos adxudicados na primeira fase nin na relación de postos ofertados na fase de resultas.
- Posto 1467: Traballadora Social
Este posto aparece ofertado no Anuncio relativo á Modificación da relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de psotos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña publicada o 29 de xuño de 2020 no BOP da Coruña nº 96.
Porén, non consta adxudicado na relación de postos adxudicados na primeira fase nin na relación de postos ofertados na fase de resultas.
- Posto 1750: Xefatura de Unidade de Apoio Administrativo de Mobilidade Urbana
Este posto aparece ofertado no Anuncio relativo á Modificación da relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de psotos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña publicada o 29 de xuño de 2020 no BOP da Coruña nº 96.
Porén, non consta adxudicado na relación de postos adxudicados na primeira fase nin na relación de postos ofertados na fase de resultas.
Polo anteriormente exposto SOLICITO
A inclusión no anexo relativo aos Postos ofertados na fase de resultas os postos anteriormente sinalados.
A Coruña a 17 de Xaneiro de 2024
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3326
SOLICITUDE REVISION DE OFICIO DE NOMEAMENTOS DE DIRECTORES DE AREA
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Que o pasado 24 de Outubro de 2023 presentamos unha solicitude de revisión de oficio dos nomeamentos dos directores de área e coordinadores xerais acordados pola XGL de 2 de agosto de 2023 por concorrer neles vicio de nulidade do artigo 47 da lei 39/2015 de 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP.
Que con posterioridade a estes nomeamentos acordados o 2 de agosto de 2023 pola Xunta de Goberno Local houbo novos nomeamentos de directoras/os de área, concretamente por acordo da Xunta de Goberno Local de data 30 de agosto de 2023 (publicación no BOP de 5 de setembro de 2023) e por acordo da Xunta de Goberno Local de data 8 de novembro de 2023 (publicación no BOP de 14 de novembro de 2023).
Que nestes últimos nomeamentos de directoras/ os de área mencionados no parágrafo anterior concurren os mesmos supostos de nulidade que os nomeamentos do 2 de agosto de 2023 para os que xa solicitamos a revisión de oficio o 24 de Outubro de 2023.
Que non existiu convocatoria pública nos actos que deron lugar aos nomeamentos das distintas Direccións de Área do Concello da Coruña, cando sería aplicable tanto o artigo 13 do EBEP, como o artigo 34 da lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia que establecen que a designación do persoal directivo tense que facer mediante procedementos que garanten a publicidade e concorrencia.
O apartado e) artigo 47 da lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP dispón que serán nulos de pleno dereito os actos que se dicten prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados.
Polo exposto, SOLICITO:
PRIMEIRO: Que o Concello da Coruña inicie de forma inminente e urxente, a revisión de oficio de todos os nomeamentos de directores/as de área acordados pola XGL o 30 de agosto de 2023 e o 8 de novembro de 2023, por concorrer en todos eles o vicio de nulidade do apartado e) do artigo 47 da lei 39/2015.
SEGUNDO: Solicítase copia dos informes que motivaron os nomeamentos dos directores/as de área a fin de poder verificar a idoneidade dos nomeados e en particular as circunstancias excepcionais que motivaron o nomeamento dos que non son funcionarios de carreira.
TERCEIRO: Advírtese que se presenta esta solicitude de inicio de revisión de oficio cós efectos previstos no artigo 29 da lei 29/1998 da xurisdición contenciosa administrativa:
- Cuando la Administración no ejecute sus actos firmes podrán los afectados solicitar su ejecución, y si ésta no se produce en el plazo de un mes desde tal petición, podrán los solicitantes formular recurso contencioso-administrativo, que se tramitará por el procedimiento abreviado regulado en el artículo 78.
A Coruña a 17 de novembro de 2023
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4118
RECURSO DE REPOSICION INSTRUCION INCAPACIDADE TEMPORAL
AO COIDADO DA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
Por medio deste escrito, ao abeiro do previsto no artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, -no sucesivoLPAC-, interpoño RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN contra acordo de modificación da Instrución de xestión das situacións da Incapacidade Temporal do Concello da, publicada no BOP n.º 73 do 18 de abril de 2023, elo consonte os seguintes, MOTIVOS
- No ANEXO do Acordo se din que:
“...en cumprimento do apartado 4, implantarase neste concello un plan de control do absentismo que será obxecto de difusión pública, a través do portal de transparencia.
No devandito portal publicaranse semestralmente os datos de absentismo clasificadospola súa causa, a tal obxecto realizarase unha base de datos separada para continxencias comúns e profesionais na que queden reflectidos os días de traballo perdidos por cada traballador que cause baixa médica, ademais dos seguintes datos: servizo ao que pertence, unidade organizativa, tipo de relación laboral con este concello, tipo de continxencia, sexo e idade.
Con esta difusión pública, ainda que non figue o nome do traballador/a, estaríase perfectamente identificando co resto de datos publicados : SERVIZO,UNIDADE ORGANIZATIVA,TIPO DE RELACION LABORAL, SEXO, IDADE, CONTINXENCIA …
Esta Sección Sindical DENUNCIA a NULIDADE de esta publicación, e insta a que se deixe sin efecto :
1º.- A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental recoñecido nos artigos 18.4 da Constitución española, 8.1 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e o 16.1 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea .
2º.- A utilización dos datos para unha finalidade que non sexa compatible coa finalidade para a cal foron recollidos, sen contar co consentimento do/a afectado/a, ou cunha base legal para iso vulnera a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
3º.- O dereito á protección de datos ampara á todos os afectados fronte ao «tratamento» dos mesmos, tal e como se define no art. 4.2 do RGPD.
4º.- A lexislación de protección de datos é de aplicación ao tratamento de datos efectuado por un empregador respecto das persoas traballadoras, sen prexuízo de que o art. 88 do RGPD permita ademaís que, mediante disposicións legais ou convenios colectivos, que se establezcan «normas máis específicas» coa finalidade de ofrecer unha mellor e máis adaptada protección do dereito á protección de datos no campo das relacions laborais.
5º.- A empresa – neste caso o Concello da Coruña - debe informar sempre aos traballadores sobre os novos tratamentos dos seus datos persoais que decida realizar con carácter posterior ao nacemento da relación laboral.
O RGPD e a LOPDGDD inclúen o deber de seguridade das empresas, respeto a seus empregados/as, xunto co deber de segredo, dentro dos principios da protección de datos.
«Os datos persoais serán tratados de tal maneira que se garanta unha seguridadeadecuada dos datos persoais, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas («integridade e confidencialidade»)» (art.5.1.f) do RGPD
Por todas, nos remitimos a SSTC 66/1995, reproducindo o fundamento xurídico 5º.:
‘‘…Mediante la creación de la base de datos ahora discutida parece perseguirse un control más eficaz del absentismo laboral, según las facultades que al efecto reconoce al empresario la legislación vigente. En este sentido, loprimero que conviene advertir es que entre dichas facultades no figura la de proceder al almacenamiento en soporte informático de los datos atinentes a la salud de los trabajadores -y en concreto del diagnóstico médico prescindiendo del consentimiento de éstos. Por otra parte, y con independencia de ello, lo verdaderamente relevante es que la medida adoptada por la empresa, sometida a los cánones establecidos para comprobar si una medida restrictiva de un derecho fundamental supera el juicio de proporcionalidad, no reviste la consideración de solución idónea, necesaria y proporcionada para la consecución del fin, en este caso, el control del absentismo laboral; no se trata de medida de suyo ponderada y equilibrada, ya que de ella no se derivan más beneficios o ventajas para el interés general o para el interés empresarial que perjuicios sobre el invocado derecho a la intimidad’’ (STC 202/1999, de8 de noviembre). ‘‘(...) A la vista del contenido del fichero, forzoso resulta convenir que su manteni- miento no se dirige a la preservación de la salud de los trabajadores sino al control del absentismo laboral, lo que, por otra parte, resulta plenamente acorde con la denominación ‘‘absentismo con baja médica’’ que recibe el fichero. Consecuentemente, la creación y actualización del fichero, en los términos en que se ha llevado a efecto, no puede ampararse, frente a lo sostenido por la empresa, en la existencia de un interés general (art. 7.3 L.O.R.T.A.D. y, por remisión, arts. 10.11 y 61 L.G.S.), que justificaría la autorización por ley, sin necesidad del consentimiento del trabajador, para el tratamiento yControl…’’
SOLICITO se DECLARE NULO O PARAGRAFO DO ACORDO, no que se recolle a DIFUSION PUBLICA de datos personaís dos traballadores do Concello da Coruña, todo elo nos términos expostos e que supostamente ven amparada no control do Absentismo laboral, ao tempo que anunciamos que de non ser inmediatamente anulado este apartado do acordo, se dará conta a AXENCIA ESTATAL DE PROTECCION DE DATOS.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4181
ALEGACIONS Á MODIFICACION PUNTUAL DA RPT
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
En sesión celebrada en data 30 de agosto de 2023 a Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña e someter o expediente ao trámite de información pública durante un prazo de de 20 días para a presentación de alegacións, reclamación ou suxestións.
Polo que, dentro do prazo establecido ao efecto, formulo as seguintes ALEGACIONS para ser tidas en conta antes da aprobación definitiva da modificación puntual da RPT:
- Nesta modificación puntual da RPT do Concello da Coruña recóllense mais de vinte postos de nova creación sin que figure no Anexo II do Informe proposta a preceptiva e previa valoración obxetiva dos mesmos, e cando se trata de postos “singularizados” que non teñen parangón no Concello. Esta cuestión ademais reviste especial importancia cando está en marcha o estudio e elaboración dunha nova RPT- valoración de postos de traballo, adxudicada á empresa Adecco no que se vai levar a cabo unha revisión completa da RPT actual.
- No punto oitavo do Informe- Proposta da modificación puntual da RPT afírmase que todos os cambios incorporados a esta modificación puntual foron negociados na Mesa Xeral celebrada o día 25 de agosto de 2023.
A proposta presentada na Mesa Xeral de Negociación e o documento aprobado inicialmente na Xunta de Goberno Local son documentos diferentes. Presentan diferencias significativas nas modificacións que se refiren á Area de Economía e Planificación Urbana, particularmente no referido á Unidade de apoio á Dirección e ao Servizo de Medio Ambiente, polo tanto non pode afirmarse que os cambios foran negociados na Mesa Xeral de Negociación.
- Non figura suficientemente motivada a apertura de varios postos que pasan a poder ser ocupados por funcionarios de calquera administración pública (TD), esta modificación restrinxiría o acceso aos funcionarios municipais do concello polo que debe estar suficientemente motivada.
- Dentro do Servizo de Cultura e Memoria Histórica créase o posto de Dirección do Fórum Metropolitano, este posto está creado tamén na RPT do IMCE o que suporía unha duplicidade de postos polo que solicitamos se nos informe dos motivos que xustifican a existencia desta duplicidade.
A Coruña a 3 de Outubro de 2023
SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4085
ACORDO XGL CARREIRA HORIZONTAL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3316
PROPOSTA CARREIRA PROFESIONAL CONCELLO DA CORUÑA
O Goberno municipal achegounos o 29 de marzo pola tarde (coincidindo ca asemblea da CIG) unha proposta ca implantación da carreira horizontal
A proposta do goberno municipal é a retribución progresiva en 6 anualidades (2023-2028), nas que propoñen comezar cun 20%, para a Sección Sindical da CIG tanto a porcentaxe como o número de anualidades (6) son inaceptables.
A horas da MXN enviaron unha proposta incompleta, quedaron pendentes cousas tan importantes como as contías e as porcentaxes a aplicar, a proposta final será na MXN, se ben existe consenso sindical en canto ás contías, non hai unidade sindical en canto as porcentaxes porque o resto de centrais sindicais ou ben non fixeron ningunha consideración, ou ben sinalaron que con que non se baixase dun 20% na primeira anualidade sería suficiente, algo xa plasmado neste no último borrador.
Para que poidades valorar mellor do que estamos a falar, na táboa seguinte podedes comprobar a insignificancia da proposta do 20% se temos en conta as cantidades que manexamos os sindicatos , a do GM a descoñecemos pero nas Mesas Técnicas as consideraban moi elevadas, polo que a proposta municipal incluso podería ser de cantidades menores ás seguintes.
PARA O GRAO 1
A1 118€ (1414€/12) : 24€
A2 111€ (1330€/12) : 22€
B 104€ (1246€/12) : 21€
C1 97€ (19€/12) : 19€
C2 90€ (1078€ /12) : 18€
AP 85€ (1022€/12) : 17€
Dende a CIG consideramos que un Concello como o da Coruña debería promover unha CARREIRA HORIZONTAL á altura e non entrar nun mercadeo como ao que estamos acostumados noutras xestións.
Asemade desta información podedes consultar o documento sobre a que debatimos o 29 de marzo na asemblea con máis datos como a proposta de contías por graos LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2075
MEDICIONS DE GAS RADON
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña
EXPOÑO:
O pasado 7 de marzo de 2023 na sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña tratouse na orde do día, entre outros, o seguinte punto:
“5.- Informe sobre as medicións de gas radón e de temperatura en centros de traballo municipais.”
Neste punto douse lectura por parte do presidente do Comité de Seguridade e Saúde a un breve informe sobre as medicións de gas radón que se levaron a cabo nos últimos meses no centro de traballo do Pazo Municipal de María Pita.
Non se facilitaron aos membros do Comité de Seguridade e Saúde o resultado concreto de todas as medicións efectuadas en diferentes puntos deste centro de traballo.
O real decreto 1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición as radiacións ionizantes establece nos seus artigos 75 e 76 a obrigación de tomar medidas cando nos lugares de traballo existan zonas de concentración de radón en aire que, en promedio anual, superen o nivel de referencia de 300Bq/m3, e que o resultado das estimacións estará a disposición do traballador, das autoridades sanitarias, da inspección de traballo, doutras administración públicas competentes en materia laboral e do consello de seguridade nuclear.
O artigo 82 deste mesmo decreto establece, entre outras cousas, que a Inspección de Traballo e Seguridade Social colaborará co Consello de Seguridade Nuclear na vixiancia do cumprimento das obrigas dos titulares de actividades laboráis con exposición ao radón, particularmente no referido aos incumplimentos relativos á disponibilidade do informe previsto no artigo 76.3.
O artigo 18 da lei 31/1995 de 8 de novembro de prevención de riscos laboráis establece que a información nesta materia se facilitará aos traballadores a través dos seus representantes.
Asemade pregunteille ao presidente do Comité de Seguridade e Saúde si se levaran a cabo as obras previstas no centro de traballo de Casa Paredes para reducir os niveis o gas radón, a resposta do presidente do Comité de Seguridade e Saúde foi que non sabía si as obras se fixeran ou non.
Levamos preguntando polas obras de Casa Paredes dende hai varios anos sin recibir resposta por parte do goberno municipal.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Se me faciliten como delegada de prevención e representante dos traballadores municipais as medicións de gas radón de todos os medidores instalados nas diferentes prantas do pazo municipal de maría pita, e o informe das estimacións de promedio anual de concentración de radón en aire de todas as zonas donde se realizaron medicións nos últimos meses por parte dunha empresa especializada.
- De non facilitarse a información solicitada darase traslado á autoridade competente para que actúe en consecuencia conforme ao establecido no real decreto 1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición as radiacións ionizantes.
- Se informe sobre si se levaron a cabo as obras para a reducción dos niveis de gas radón en Casa Paredes. En caso de non estar feitas estas obras, se inicien de maneira inmediata procedendo, unha vez rematadas, a novas medicións a fin de comprobar si se reduciron os niveis coas obras efectuadas.
A Coruña a 20 de marzo de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1435