CIG Concello A Coruña
Toggle Navigation
  • ACCIÓN SINDICAL
  • NEGOCIACIÓNS
  • COMISIÓNS DE SERVIZO
  • RPT-RETRIBUCIÓNS
  • PREGUNTAS HABITUAIS
  • SAÚDE LABORAL
  • PRENSA
  • HISTÓRICO
  • AFILIATE

RECTIFICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS RELATIVAS ÁS DENEGACIÓNS DO CARÁCTER RETRIBUÍDO DO PERMISO PARENTAL PARA O COIDADO DE FILLA, FILLO OU MENOR ACOLLIDO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Ante o comunicado que a CIG fixo no día de onte alertando das denegacións que o persoal municipal deste concello estaba a recibir por parte do Servizo de Persoal do carácter retribuído do permiso parental de 8 semanas para o coidado de filla, fillo ou menor acollido, a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña INFORMA:


- Que no día de onte recibiuse comunicación telefónica do Concelleiro Jose Manuel Lage Tuñas na que CONFIRMA que o permiso parental RETRIBUÍDO VAISE MANTER nos termos en que foron negociados e acordados coa representación legal dos traballadores.


- Que as ORDES E INSTRUCIÓNS que recibistes do Servizo de Persoal moitos de vos, e que a nos mesmos como delegados de persoal nos foron confirmadas, relativas á denegación do carácter retribuído do permiso, NON FORON AUTORIZADAS NIN ERAN COÑECIDAS POR EL COMO CONCELLEIRO responsable na materia.


- Que polo tanto, as ORDES E INSTRUCIÓNS QUE RECIBISTES relativas a que, ou ben renunciabades mediante un correo electrónico ao carácter retribuído do permiso e desfrutabades do mesmo sen retribución nas semanas solicitadas ou do contrario debiades entender a solicitude do voso permiso denegado e, polo tanto, incorporarvos ao voso posto de traballo, NON DEBEDES TELAS EN CONTA, e que as vosas solicitudes vanse a conceder con carácter retribuído sempre que as necesidades do servizo o permitan.


A Sección Sindical da CIG non pode estar máis que satisfeita pola decisión adoptada polo Goberno Municipal ante esta situación de incerteza xerada de maneira totalmente innecesaria e que provocou un grande malestar entre o persoal municipal.


Porén, non podemos deixar pasar estes graves feitos por alto que amosan unha grande descoordinación e falta de xestión nun servizo clave nesta administración pública, como son os Recursos Humanos. Porque as preguntas que se derivan desta crise de xestión son moitas, pero entre outras, poderían ser:


¿Como pode ser que a persoa coas competencias delegadas na materia de persoal descoñeza que no Servizo de Persoal se dan instrucións relativas á limitación dun dereito recoñecido e negociado ás súas costas?


Se descoñecía as ordes e instrucións que se estaban a realizar ¿quen coñecía e mesmo propuxo que se deran estas ordes?


¿Pode alguén que non teña competencias delegadas na materia decidir sobre a concesión ou denegación dun dereito regulado e aprobado?


Ás persoas afectadas que vos puxestes en contacto con esta sección sindical, grazas pola vosa confianza na nosa acción sindical. Recomendámosvos que vos dirixades novamente ao Servizo de Persoal para recibir as novas instrucións e resolución da concesión dos vosos permisos nos termos solicitados.


Seguimos.

A Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 26 Agosto 2025
Visitas: 926

VULNERACIÓN DE DEREITOS PARA A CONCILIACIÓN (PERMISO PARENTAL RETRIBUÍDO DE 8 SEMANAS PARA O COIDADO DE FILLOS, FILLAS OU MENORES ACOLLIDOS

  • imprimir
  • Correo electrónico

Bo día a todas e todos:

Diríximonos a vos de xeito urxente para informarvos de que estamos tendo coñecemento de que o Goberno Municipal decidiu, de xeito unilateral, con premeditación e alevosía, eliminar, pola vía dos feitos e sen comunicación á representación legal dos traballadores, o carácter retribuído do permiso parental para o coidado do fillo, filla ou menor acollido, que a nosa instrucción establece como retribuído a partir do 02 de agosto de 2024.

Tivemos coñecemento de que o argumento que se vos está a dicir verbalmente, é que tras a aprobación o pasado 29 de xullo do Real Decreto-lei 9/2025, de 29 de julio, polo que se amplía o permiso de nacemento e coidado, mediante a modificación do texto refundido da lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobao polo Real Decreto Lexislativo 5//2015, do 30 de outubro, e o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, para completar a transposición da Directiva (UE) 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e pola que se deroga a Directiva 2010/18/UE do Consello, este permiso deixa de ter carácter retribuído dende o día de entrada en vigor deste Real Decreto.

Esta sección sindical quere denunciar, en primeiro lugar, públicamente, a decisión adoptada e as formas nas que se está a levar ao cabo, xa que a última mesa técnica de negociación que se levou ao cabo foi o 31 de xullo e algo tan importante coma isto non foi nin mencionado polas persoas responsables que estaban presentes.

Doutra banda, denunicamos, unha vez máis, a falta da boa fe na negociación, práctica reiterada por parte deste Goberno Municipal, que se ben o pasado 22 de xullo facía propaganda a través dos seus medios de comunicación afins e levaba a gala ser o primeiro goberno que apostara por esta medida para a aplicación remunerada ao seu persoal municipal, non dubidaba en “cociñar” un recorte do mesmo a espaldas da representación sindical e vulnerando unha norma consensuada e negociada.

Á sección sindical da CIG non pode deixar de parecerlle inadmisible que esto esté a acontecer xustamente coa recente chegada da nova xefatura de servizo do Servizo de RRHH, que ademáis sabemos que conta cunha longa vinculación sindical na súa administración de orixe, e que avale, consinta e mesmo instrúa, unha orde como esta que vulnera dereitos de conciliación conseguidos de xeito pioneiro nesta administración pública mediante a negociación colectiva.

Por todo isto, no día de hoxe acabamos de solicitar por rexistro aclaracións formais ao respecto e a paralización inmediata das denegacións do carácter retribuído que se están levando ao cabo nestes momentos, xa que a instrucción regulada ata o momento establece claramente que o permiso en cuestión neste concello TERÁ CARÁCTER RETRIBUÍDO. Agardamos a resposta a este requerimento para que dende a nosa asesoría xurídica podan valorarse as accións legais a tomar. 

Sabemos que vos están a dicir verbalmente ante as vosas solicitudes por escrito que si queredes seguir a desfrutar do permiso pero sin o carácter retribuído do mesmo, que enviedes un correo ao servizo de persoal na que vos mesmos renunciedes ao carácter retribuído. Dende a sección sindical da CIG aconsellamos non renunciar voluntariamente por escrito a ningún dos vosos dereitos,  e que ante estas indicacións solicitedes unha resolución motivada á denegación do carácter retribuído do permiso.

Dende a CIG poñemos á vosa disposición os nosos medios de asesoría para que ante este atraco e roubo de dereitos, podades levar ao cabo as medidas legais correspondentes.

Por último, deixámosvos por aquí as recentísimas declaracións feitas ao diario El País o pasado 26 xullo ao xeito da máis pura propaganda do señor Concelleiro Lage Tuñas ao respecto deste permiso retribuído nesta administración: “Esta medida permite cuidar sin penalización económica, fomenta la corresponsabilidad entre hombres y mujeres y mejora las condiciones de los trabajadores”, defiende José Manuel Lage Tuñas, concejal de Economía y Planificación Estratégica en A Coruña, el departamento encargado de gestionar la norma. En su opinión, se trata de una decisión que “refuerza el compromiso” del ayuntamiento “con la igualdad y la conciliación”, y que sitúa a la ciudad como “referencia en la gestión pública de derechos laborales”.

Unha vez máis, este Goberno Municipal aposta polo “facede o que eu diga pero non o que eu faga”

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 22 Agosto 2025
Visitas: 932

NOVA POLEMICA NO PROCESO DE ARQUITECTAS/OS

  • imprimir
  • Correo electrónico

 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,

 

EXPON:

Con data 5 de maio de 2025 publícase no BOP  da provincia da Coruña o anuncio de publicación de nomeamento de persoal funcionario de carreira na praza de arquitecto/a.

Esta sección sindical tivo coñecemento de  que á persoa nomeada neste proceso de arquitecto/a no posto 1914, se lle fixo unha asignación temporal de funcións no servizo de licenzas.

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

Se facilite á Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña acceso  e copia do expediente completo, incluíndo un índice numerado de documentos,  de esta asignación de funcións e de todos os documentos relacionados coa mesma.

 

Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 27 Mai 2025
Visitas: 1021

RESUMO CSS DO 17 DE DECEMBRO DE 2024

  • imprimir
  • Correo electrónico

 

ORDE DO DÍA:

  • Aprobación da acta da sesión anterior
  • Contestación ás peticións dos/as delegadas/os de prevención
  • Quenda de rogos e preguntas

 

A nosa Sección Sindical levaba como temas a tratar neste Comité de Seguridade e Saúde os seguintes:

Gas Radón nos centros de traballo municipais:

 Neste punto fomos informadas que en Xaneiro do 2025 está previsto sacar unha licitación para a medición dos niveis de Gas Radón en todos os centros de traballo onde haxa persoal municipal, estas medición realizaranse conforme ao esixido legalmente no artigo 75.c do Real Decreto1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes que establece que se deben realizar medicións en todos os centros de traballo situados en planta baixo rasante ou planta baixa nos termos municipais de actuación prioritaria.

Tamén nos informaron de que no centro de traballo da rúa da Franxa contratouse unha medición de Gas Radón, que foron colocados os medidores o día 10 de decembro  e os medidores estarán colocados ata o mes de marzo do ano 2025 en que se realizará un informe sobre os resultados.

Dende a nosa Sección Sindical insistimos na necesidade de transparencia na información ao persoal municipal  e estaremos vixiantes en que se realicen as medicións comprometidas en todos os centros de traballo,  que se informe adecuadamente ao persoal afectado e de que se adopten as medidas corretoras en caso de ser necesario.

Avaliacións de riscos psicosociais:

Fomos informadas de que a partir de Xaneiro de 2025 está previsto facer unha avaliación de riscos psicosociais a todo o persoal municipal, dende o departamento de prevención do Concello están pendentes de consultar co departamento de informática si é posible facer estas avaliacións a todo o persoal municipal ao mesmo tempo, si non é posible facelo así comenzarase polas áreas solicitadas pola nosa sección sindical (Servizos Sociais, Medio Ambiente e Urbanismo) e a continuación  o resto de áreas.

Queremos informarvos de que non imos a retirar a denuncia presentada na Inspección de Traballo en espera das actuacións do goberno municipal ao respecto.

Periodicidade das convocatorias do Comité de Seguridade e Saúde:

Con respecto a este punto comunicóusenos que se establecerán periódicamente reunións do grupo de traballo creado dentro do comité para as avaliacións de riscos psicosociais e que o comité de seguridade e saúde será convocado previa petición das delegadas de prevención.

Estado das solicitudes de saúde laboral presentadas por rexistro:

Informousenos da situación de diversas solicitudes pendentes en materia de saúde laboral en diversos centros de traballo.

Neste punto tamén nos informaron de que a área de seguridade cidadá vai a comenzar a realizar os plans de autoprotección dos diferentes centros de traballo municipais.

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 18 Decembro 2024
Visitas: 1387

DENUNCIA INSPECCION DE TRABALLO SERVIZOS SOCIAIS

  • imprimir
  • Correo electrónico

A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA

 

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña EXPÓN:

No mes de novembro do ano 2022 fíxoxe unha avaliación de riscos psicosociais tanto ao persoal técnico como auxiliar da área de servizos sociais do Concello da Coruña cun resultado de risco elevado ou moi elevado en varios dos apartados que mide esta avaliación de riscos psicosociais.

Froito destes resultados propuxéronse unha serie de medidas correctoras que a data de hoxe descoñezo si se implementaron e si conseguiron o seu obxetivo xa que non se fixo unha reavaliación de riscos psicosociais para comprobar a efectividade das medidas propostas.

Fago a continuación un relato de todos os escritos presentados  (adxúntase copia) dende novembro de 2022 en relación a este tema sin que o Concello da Coruña fixera nada ata a data de hoxe:

-13 de marzo de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando o establecemento de medidas correctoras e de nova avaliación en 6 meses para comprobar a efectividade das mesmas.

-21 de abril de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando a implementación de medidas correctoras.

-20 de setembro de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber en que estado se atopa a adopción de medidas correctoras.

-8 de maio de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña recordando que está pendente a reavaliación de riscos psicosociais en servizos sociais.

-30 de agosto de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber o estado das avaliacións de riscos psicosociais pendentes e solicitando que se fagan antes do fin do ano 2024.

A maiores desta relación de escritos presentados quero facer constar que durante todo o ano 2024 o comité de seguridade e saúde so foi convocado unha vez no mes de febreiro de 2024 cando a lei esixe que, como mínimo, se convoque cada 3 meses polo que se fai imposible tampouco tratar o tema referido no CSS xa que reiteradamente se incumpre a sua convocatoria.

No escrito presentado  o 8 de maio de 2024 solicitei tamén facer unha avaliación de riscos psicosociais na área de medio ambiente, solicitude que tampouco foi atendida polo Concello da Coruña.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

  • Que se comprobe pola Inspección Traballo e Seguridade Social todo o relatado neste escrito.

 

  • Que se requira ao Concello da Coruña para que adopte as medidas correctoras necesarias para correxir os riscos detectados na avaliación de riscos psicosociais na área de servizos sociais e para que faga unha nova avaliación de riscos psicosociais co fin de comprobar a efectividade das medidas correctoras.

 

  • Se comprobe pola Inspección de Traballo e Seguridade Social o relatado sobre a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde e sobre a solicitude de avaliación de riscos psicosociais en medio ambiente e se adopten as medidas que se consideren necesarias.

 

 

Na Coruña na data de sinatura electrónica deste documento

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 21 Novembro 2024
Visitas: 1767

SENTENZA 00194_2024 MODIFICACION PUNTUAL RPT

  • imprimir
  • Correo electrónico

Queremos  informarvos dunha Sentenza (LIGAZON) do xuzgado contencioso administrativo nº1 da Coruña que estima parcialmente a demanda interposta por esta sección sindical en solitario  contra a modificación puntual da RPT  do mes de Outubro de 2023, anulando a modificación recurrida ao non conter unha valoración dos  seguintes postos de nova creación: 2248,2244, 2222, 2223, 2224, 2237, 2253, 2254, 2255 e 2252.

POSTOS AFECTADOS POLA SENTENZA 00194/2024 MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
         
COD. POSTO POSTO UNIDADE COD.UNID SERVIZO
2222 Asistente de administración Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2223 Téc. Sup. De Comunicación Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2224 Téc. Sup. De Comunicación Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2237 Técnico de apoio a órgano directivo Apoio á coord. Xeral de econom. E planif. Urb. AD0000 Apoio á coord xeral de econom e planif urbana
2244 Xefe de Sección Residuos urbanos MA3200 Medio Ambiente
2248 Xefe de Sección Xestión Adm. Medio ambiente MA1000 Medio Ambiente
2252 Dirección do Fórum Metropolitano Promoción Cultural CM5000 Cultura e Memoria Histórica
2253 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica
2254 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica
2255 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica

 

 

A neglixente xestión de persoal do actual goberno municipal a base de modificacións “puntuais”  da RPT, imos xa pola cuarta (en fase de aprobación), levou de novo á Sección Sindical da CIG  a acudir ao xuzgado, que nos acaba de dar a razón anulando a creación de 10 postos de traballo por falta de valoración previa dos mesmos tal como esixe a lexislación.

Dende a pasada lexislatura leva  o Sr. Lage co compromiso incumplido dunha nova valoración de postos e dunha nova RPT, primeiro a través da licitación coa empresa ADECCO e dende o inicio desta lexislatura coa promesa da elaboración con medios propios da mesma. Leva este goberno meses mareándonos coa promesa incumplida do inicio das mesas técnicas para traballar na nova valoración de postos.

O Sr. Concelleiro non ten tempo para o inicio das negociacións da RPT, anda continuamente ocupado en modificacións puntuais da RPT e convocatorias de comisións de servizo para crear unha administración “a medida”, para xestionar a política de persoal a base de “decretazos”.

Preguntámonos que resposta nos vai  a dar este goberno ás novas alegacións presentadas pola CIG á última modificación puntual ( inicialmente aprobada e en trámite de información pública) despois de conocer esta sentenza, obligaranos de novo a valorar a posibilidade dun contencioso?. Saberémolo pronto.

O goberno de Inés Rey debería asumir  esta sentenza e non recurrila coa única finalidade de ganar tempo xa que de non facelo as consecuencias futuras poderían ser peores si se cubren todos os postos, como ven sendo habitual, en comisión de servizos, tendo en conta que dos 10 postos afectados pola sentenza actualmente soamente o 2248 está cuberto temporalmente en comisión de servizos e do 2252 publicouse a convocatoria para a sua cobertura temporal en comisión de servizos.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 11 Novembro 2024
Visitas: 2150

SOLICITUDE ANULACIÓN CONVOCATORIA COBERTURAL TEMPORAL MEDIANTE COMISIÓN DE SERVIZO DO POSTO 1881

  • imprimir
  • Correo electrónico

CRISTINA DÍAZ MIRA, co meu DI *********, en calidade de delegada de persoal e responsable do Sector da Administración Local da Federación da Administración Pública na Comarca da Coruña da Confederación Intersindical Galega, enderezo aos efectos de comunicación no local sindical da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, e correo electrónico válido a efectos de notificación Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


EXPOÑO


- Con data 02 de agosto do 2024 publicouse en la plataforma SPO-alfresco a convocatoria para a cobertural temporal mediante comisión de servizo do posto Técnico de Protección de Patrimonio Histórico (Servizo de Infraestructuras) coa referencia do posto 1881.


- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou a sentenza 00363/2022 a favor desta central sindical (CIG) o pasado 04 de maio de 2022, ao respecto da cobertura temporal mediante comisión de servizo deste posto estimando o seguinte: “... anular la actividad administrativa impugnada relativa a la cobertura temporal mediante comisión de servicio del puesto 1881 de la RPT, de Técnico de Protección de Patrimonio Histórico Vía Pública y Patrimonio...”


Que tendo en conta o exposto SOLICITO

 
A anulación urxente e inmediata da convocatoria publicada o pasado para cobertura temporal mediante comisión de servicio do posto Técnico de Protección de Patrimonio Histórico (Servizo de Infraestructuras) coa referencia 1881

 

Na Coruña, na data da sinatura electrónica

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 12 Agosto 2024
Visitas: 2093

SOLICITUDE ANULACIÓN CONVOCATORIA COBERTURA TEMPORAL MEDIANTE CS POSTOS XEFATURA DE SERVIZO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.********* e enderezo para efectos de notificación nos locais sindicais da CIG, pazo de maría pita, praza de maría pita s/n, 3ª pranta, c.p:15001, A Coruña, na miña condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,


EXPOÑO:


Con data 28 de maio de 2024 publicouse a convocatoria de cobertura temporal de postos mediante comisión de servizos dos seguintes postos de Xefatura de Servizo: postos 2256,104,258,1940,1551,1580 e 2824 e con data 2 de agosto publicouse a convocatoria de cobertura temporal de postos mediante comisión de servizos dos seguintes postos de Xefatura de Servizo: postos 440, 2088, 2118.


A cobertura temporal dos postos de xefatura de servizo mediante comisión de servizos están afectados pola sentenza firme N.I.G: 15030 45 3 2018 0000507 PA 0000134/2018-M/ gañada pola CIG e pendente de execución.


A provisión definitiva dos postos de xefatura de servizo vacantes leva paralizada sin xustificación polo Concello da Coruña dende o ano 2019.


A cobertura temporal mediante comisión de servizos está contemplada na lexislación para casos de urxente e inaplazable necesidade non aplicable a estes casos nos que a paralización da sua cobertura definitiva é a causa de que estén vacantes a data de hoxe.


POLO EXPOSTO , SOLICITO:


A anulación das comisións de servizo arriba mencionadas e que se retome a sua provisión definitiva mediante concurso específico paralizada dende o ano 2019.


A Coruña a 8 de agosto de 2024


SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 12 Agosto 2024
Visitas: 1904

REITERACIÓN SOLICITUDE PRODUTIVIDADES ANO 2023

  • imprimir
  • Correo electrónico

 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

O pasado 11 de Xaneiro de 2024 presentamos un escrito solicitando a listaxe de produtividades recibidas polos empregados deste concello no ano 2023 en base á Sentenza do Tribunal Supremo STS 3195/2020.

 

Transcurridos mais de catro meses non recibimos o listado de produtividades solicitado.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITA:

 

Reiterar a solicitude efectuada en data 11 de Xaneiro de 2024, ao tempo que anunciamos que, de non recibir a información solicitada no prazo de quince días, se procederá a interpoñer demanda contencioso- administrativa ao respecto.

 

A Coruña a 22 de maio de 2024.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 30 Mai 2024
Visitas: 1825

ALEGACIONS INFORME ASIGNACION DE FUNCIONS

  • imprimir
  • Correo electrónico

 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

En data 19 de Xaneiro de 2024 esta sección sindical rexistrou un escrito solicitando información  ao Concello da Coruña sobre as asignacións de funcións nos postos de Xefatura de Servizo e/ou Departamento que estaban ocupados temporalmente mediante comisións de servizo ata o cese nas mesmas derivado das tomas de posesión da primeira fase do concurso 1/19.

Con data 22 de febreiro esta sección sindical recibe un escrito do concello da coruña que indica:

 

 “Recibida a súa solicitude de información sobre as asignacións de funcións que se están a realizar no Concello da Coruña. Habendo recibido unha solicitude con idéntico contido da Xunta de Persoal.

Informáselle que con data do 21/02/2024, deuse resposta á solicitude presentada pola Xunta de persoal, coa información das asignacións temporais de funcións existentes no Concello da Coruña.”

No informe remitido á xunta de persoal en canto á información sobre asignación de funcións dase conta dunha serie de asignacións de funcións da área de interior motivadas exclusivamente polas obrigas municipais dos procesos electorais convocados no ano 2024.Concretamente faise referencia ás eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro e ás próximas eleccións europeas do día 9 de xuño.

Entre as funcións asignadas e relatadas neste informe figuran varias da Xefatura de Servizo de Atención Cidadá e Interior de carácter xeral do posto que nada teñen que ver coa motivación dos procesos electorais mencionados, concretamente:

“3.c. Aquelas outras en materia de persoal que requira o Servizo en tanto en cuanto non se cubra a dita Xefatura.

3.d. Planificar o traballo dos órganos que dependan do Servizo relacionados coa celebración das eleccións e coas materias de Padrón, Conserxería e Rexistro.

3.e. Propor no seu caso, a redistribución das tarefas entre o persoal do Servizo e as atribucións aos postos.

3.f. Controlar o traballo dos órganos adscritos ao servizo, os resultados obtidos e o grado de cumprimento dos obxectivos fixados, nas materias xerais e as sinaladas nos parágrafos anteriores.

3.g. Autorizar os actos de xestión e os documentos que se expidan.

3.h. Iniciar as propostas de gasto para a adquisición de bens o servizos que precisen as unidades do Servizo ou o refrendo das propostas que inicien as xefaturas dos órganos adscritos.”

 

O artigo 37.2 da Lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia establece que os órganos dos que dependan os empregados públicos poden asignar aos mesmos con carácter temporal, polo tempo imprescindible e , en todo caso, por un período máximo de seis meses, funcións, tarefas ou responsabilidades distintas ás correspondentes ao posto de traballo que desempeñen, sempre que resulten adecuadas á sua clasificación, categoría e grao, e  sempre e cando as necesidades do servizo o xustifiquen.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

  • Se conteste por escrito a solicitude efectuada pola Sección Sindical da CIG en data 19 de Xaneiro de 2024.

 

  • Con respecto ao informe remitido á Xunta de Persoal do Concello da Coruña se deixen sin efecto as asignacións de funcións da Xefatura de Servizo de atención Cidadá e Interior citadas nos punto 3 apartados c,d,f, g e h xa que non gardan relación ningunha coa motivación dada polo concello da coruña de “… cumprir as obrigas municipais derivadas dos procesos electorais convocadas no ano 2024” , non están motivadas e non se xustifican neste informe as necesidades do servizo establecidas no artigo 37.2 da Lei de Emprego Público de Galicia.

 

 

  • Se deixen sin efecto as asignacións de funcións restantes a partir da data de finalización do proceso electoral das eleccións autonómicas e, de ser necesario, se volvan a efectuar para o proceso electoral das futuras eleccións europeas do próximo 9 de Xuño xa que non se pode xustificar o mantemento destas asignacións de funcións entre dous períodos electorais entre os que transcurren mais de tres meses xa que tal como establece o artigo 37.2 da Lei de emprego público de Galicia estas asignacións temporais de funcións deben limitarse ao tempo imprescindible.

 

A Coruña a 6 de marzo de 2024

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 07 Marzo 2024
Visitas: 3734

SOLICITUDE DE REVISION COMPOSICION TRIBUNAL DE ARQUITECTA/O

  • imprimir
  • Correo electrónico

Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

Que no BOP da provincia da Coruña do martes, 20 de febreiro saíu publicada a Resolución do Concelleiro responsable da Área de Economía e Planificación Urbana pola que se estableceu a composición do tribunal que xulgará as probas selectivas para a de 11 prazas de arquitecto/a superior (subgrupo A1), C.E. 1/23.

Que a regulación dos órganos de selección está recollida no artigo 59 da Lei de Función pública de Galicia, que establece como único  requisito profesional que “os membros dos órganos de selección deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo”.

Que tamén indica que a composición dos órganos de selección deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros e que estes actuarán con autonomía no exercicio da súa discrecionalidade técnica. Polo tanto, deben ter os coñecementos e recursos suficientes para propoñer as probas e avaliar os exercicios realizados polos aspirantes que concorran ao proceso.

Tamén se contempla no art. 11 do Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e no art.19.2 da Lei 30/84 de 2 de agosto que na composición  dos tribunais de selección se velará polo cumprimento do principio de especialidade.

Que o temario proposto para este proceso, recollido nas bases da convocatoria (BOP nº 90 de 12 de maio de 2023) inclúe 18 temas de carácter xeral -parte común- e 72 de carácter específico, relacionados coas competencias profesionais das prazas que se convocan -parte específica-, polo que a parte común do temario ten un peso do 20% e a específica un peso do 80%.

Que nos catro exercicios dos que se compón o proceso, o temario común (18 temas) terase en conta no primeiro deles, o test, xa que o segundo e terceiro exercicios refírense só á parte específica do temario (72 temas). E no primeiro exercicio, aínda que non se recolle especificamente nas bases, entendese que o número de preguntas de cada tema será proporcional, de xeito que se garanta que o peso de cada tema é equivalente, e que todos os temas son materia do exercicio.

Que a parte específica do temario recolle toda a lexislación e normativa urbanística, incluíndo o planeamento municipal deste concello (PXOM e PEPRI), sectorial e técnica, e pese ao anterior, a composición do tribunal TITULAR acordada por Resolución do Concelleiro está formada polos seguintes perfís profesionais:

-Presidencia: perfil xurídico

 

-Secretaría: perfil económico, recentemente incorporado doutra administración

 

-Vogais:  

 a) TAG (titulación: Periodista)

 b)Arquitecto superior doutra administración 

 c)Profesor ensino secundario (este sindicato solicitou información sobre se cumpre requisitos para ocupar o posto que desempeña en comisión de servizo, sen que a día de hoxe se obtivera resposta)

 

Compre sinalar que dentro deste tribunal non foi nomeada ningunha das arquitectas/os municipais como membro titular, quedando estes relegados a ser suplentes dos anteriores, o que pon de manifesto que o concelleiro de persoal non ten a confianza necesaria no persoal municipal, e neste caso, concretamente nos TECNICOS/AS SUPERIORES DE ARQUITECTURA.

Á vista do perfil profesional dos membros do órgano de selección, a composición do tribunal ofrece serias dúbidas sobre a solvencia profesional do mesmo para propoñer as probas e xulgar os coñecementos e a idoneidade dos candidatos que concorran a este proceso.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO

Que se revise a composición dos membros deste tribunal baseado nos principios sinalados anteriormente, incluíndo aos/as arquitectos/as municipais en número suficiente, en aras a garantir un adecuado desenvolvemento do proceso, visto o carácter marcadamente técnico deste proceso selectivo.

 

A Coruña a 22 de febreiro de 2024

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 26 Febreiro 2024
Visitas: 3895
  1. SOLICITUDE DE APLICACIÓN DO RDL 6/2023
  2. ASIGNACION DE FUNCIONS EN XEFATURAS DE SERVIZO
  3. ALEGACIONS FASE DE RESULTAS CONCURSO
  4. SOLICITUDE REVISION DE OFICIO DE NOMEAMENTOS DE DIRECTORES DE AREA

Páxina 1 de 18

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • ...
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Vostede está aquí:  
  • Home

Back to Top

© 2025 CIG Concello A Coruña