ACCIÓN SINDICAL
DESINFECCIÓN COVID-19 RESPOSTA DO DEPARTAMENTO DE SAÚDE LABORAL
RESPOSTA DO DEPARTAMENTO DE SAÚDE LABORAL
Ola,
En contestación ao seu escrito remíteselle informe emitido polo Servizo de Medio Ambiente, que é o encargado da coordinación e xestión da desinfección dos centros municipais
Un saúdo
LIGAZÓN INFORME REMITIDO POR SAUDE LABORAL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2897
CORREO ENVIADO A SAÚDE LABORAL 30 MAIO 2020
Deficiencias nos edificios visitados:
-Falta de xel hidroalcólico nos centros de traballo
-Insuficiente cartelería sobre normas de seguridade.
-Non hai indicacións nin no chan nin nas paredes de por donde deben circular tanto os funcionarios como o público.
-Non hai papeleiras específicas para desbotar os epis.
-As mamparas son demasiado baixas, non cubren toda a mesa e non deixan oco por onde entregar a documentación.
-No caso dos centros cívicos non lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias na primeira e única entrega de epis polo momento.
Como indicamos mais abaixo no parte de recollida de epis si figura que se lles facilitaron mascaras fpp2 cando non é certo.
Fixéronse dúas aclaracións por parte do servizo, sempre según nos contan algunhas compañeiras, con respecto ás máscaras fpp2 para visitas domiciliarias:
Nun primeiro momento aclarouselle que si había mascaras fpp2, que estaban na central de servizos sociais en fdez. latorre,que tiñan que avisar con 48 horas de antelación e ir a recollelas alí.
Nunha segunda aclaración díxoselles que habería mascaras fpp2 en cada centro cívico para o persoal que teña que facer visitas domiciliarias, comprobaremos que esto se cumpra.
Temos que apuntar tamén que moitas veces se realizan varias visitas domiciliarias nunha mesma xornada, indo dun domicilio a outro coas consecuencias que esto pode acarrexar para os usuarios ( moitos deles nunha situación de dependencia que os fai mais vulnerables fronte a unha infección por covid-19) e para os funcionarios xa que non se lles facilitan traxes protectores desbotables para cambiar en cada domicilio visitado.
O tema dos traxes protectores foi tratado no comité de seguridade e saúde previo á fase de desescalada, por parte do servizo de saúde laboral se dixo que contemplaban os traxes desbotables non so para as visitas domiciliarias de servizos sociais senón para todo o persoal que tivese que facer visitas domiciliarias e puxeron como exemplo ao servizo de urbanismo que ten que facer inspeccións en vivendas e locais. Esta intención quedou tan so en iso, en intención xa que o documento final do protocolo municipal non o recolle.
Polo dito anteriormente, solicitamos ao concello unha modificación do protocolo municipal que recolla traxes protectores desbotables para o persoal municipal que faga visitas domiciliarias.
-Nalgúns servizos estase indicando aos traballadores municipais que recollan os epis nas oficinas centrais de cada servizo. Esta forma de reparto de epis vai a supoñer un ir e vir continuo do persoal municipal do seu posto de traballo habitual aos servizos centrais ou a o lugar designado para recoller os epis co conseguinte incremento das posibilidades de contaxio entre o persoal.Ademais estes desprazamentos se terán que facer cunha periodicidade mínima semanal xa que nalgúns servicios o paquete de material que se lles dou consiste en catros mascaras cirúrxicas e catro pares de guantes que chegan no mellor dos casos para catro días e no peor para un ou dous.
-Os traballadores de empresas privadas que traballan en edificios municipais (limpeza, seguridade, conserxería etc) non dispoñen de epis adecuados cando o protocolo municipal establece que deben cumprir as mesmas medidas de seguridade.
Queixas Recibidas:
Teletraballo: Estamos recibindo queixas sobre casos de denegación do teletraballo tanto por situación de persoal sensible como por conciliación por coidado de menores. En ambos casos se incumple a normativa dictada polo ministerio de sanidade.No caso do persoal sensible e , pola información que nos facilitan, a mutua Quirón Prevención esta emitindo informes médicos nos que reconoce a condición de persoal sensible pero indica que se pode incorporar ao posto de traballo de maneira presencial. As chamadas que fai, supostamente, o médico da mutua fanse dende un número oculto polo que é imposible verificar a procedencia da chamada.
Desinfección de centros de traballo: neste sentido recibimos queixas tanto pola falta de desinfección periódica nalgúns centros de traballo como pola forma de facelo.
Remítennos dúbidas sobre si se cumpre o período de seguridade no que non debe permanecer ninguén no centro de traballo tras a desinfección/fumigación.Enviamos esta consulta ao departamento de saúde laboral do concello preguntando polo procedemento de desinfección, periodicidade, período de seguridade e produtos utilizados na mesma. A data de hoxe non recibimos resposta .
Habería que recordar a todo o persoal dos centros de traballo, o obrigado cumprimento das distancias mínimas e ,no seu defecto, o uso das máscaras, algo que se poido constatar en distintas visitas que se incumpre.
Deficiencias particulares:
CENTRO CIVICO DE MONTE ALTO 27 de maio
Mamparas que non cubren toda a mesa, demasiado baixas e sin oco no medio para entregar documentación polo que o público ten que entregala por arriba ou polos laterais.
Falta de xel hidroalcólico, papeleiras para epis, cartelería sobre medidas de seguridade.
Ao persoal so se lle facilitaron máscaras cirúrxicas e non fpp2.
Pantallas faciais de dubidosa calidade como as facilitadas no resto de centros de traballo.
Non localizamos papeleiras para desbotar epis.
BIBLIOTECA MONTE ALTO 27 de maio
A mampara colocada para a entrega de libros nunha mesa na entrada da biblioteca é demasiado baixa, dixéronnos que a iban a cambiar por unha mais alta pero polas medidas que nos facilitaron non chegaría tampouco a os 1,80 metros necesarios.
Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade e falta de indicacións nin no chan nin nas paredes sobre por donde debe circular o público cando reabran a semana próxima según nos dixeron.
As mascaras facilitadas ao persoal son cirúrxicas, non localizamos papeleiras para desbotar epis.
CENTRO CIVICO DOS MALLOS 27 de maio
Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade, falta de xel hidroalcólico tanto para o público como para os traballadores.
As mamparas das mesas son demasiados baixas, non deixan espacio para a entrega de documentación e non cubren toda a mesa.
As pantallas faciais facilitadas son de dubidosa calidade, non hai papeleiras para desbotar epis.
So se lles facilitaron mascaras cirurxicas e non fpp2 cando este persoal realiza visitas a domicilio.
Aquí detectamos que non soamente non se lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias si non que no parte de recollida de epis que deben asinar os traballadores figura que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 e so se lles entregaron as cirúrxicas. Recomendámoslle a estes compañeiros que non firmen partes de material que non recibiron ou que fagan constar no mesmo que non recibiron mascaras fpp2, que o poñan en coñecemento da sua xefatura e do departamento de saúde laboral.
CASA PAREDES 27 de maio
Un único dispensador de xel hidroalcohólico na entrada para as 3 prantas, recordar que existen equipos multifuncións compartidos.
Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados
Persoal na primeira planta reunido sen mascaras e sen respetar distancia de 2 metros.
Ningunha sinalización nin nos baños nin de acceso as distintas dependencias
DURAN LOGIRA Biblioteca Estudos Locais 27 de maio
Segue sen haber mamparas no mostrador ao público e de ser instalado na altura das mesas poderían non cubrir a altura necesaria
Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados
CIMETERIO SAN AMARO 28 de maio
Na conserxería ningún tipo de cartaz nin sinalización clara no chan para o público
Na oficina, ningún contenedor visible para as mascaras.
Non hai sinalizacións de uso dos espazos comúns (aseos).
CEIP SAL LENCE 28 de maio
A Conserxería deste colexio é dunhas dimensións moi reducidas, para acceder tanto a dirección como a secretaría tense que acceder pola conserxería. Pegada á mesa da conserxe hai unha fotocopiadora que usa todo o persoal do centro.
Polo mencionado no parágrafo anterior é imposible manter unha distancia de 2 metros, polo tanto debería establecerse unha separación mediante a instalación dunha mampara ou similar ou que se lle dote de mascara fpp2 e pantalla facial. Isto mesmo debe contemplarse para todos os postos nos que non se poida manter unha distancia de dous metros.
O persoal do centro suxire incluso a posibilidade de cambiar a conserxería de sitio.
CENTRO CIVICO DE SAN DIEGO 28 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa. Pero neste caso, a maiores, as mamparas foron colocadas no lado contrario a polo que vai acceder o público.
De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.
CENTRO CIVICO DE ELVIÑA 29 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.
De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.
CENTRO CIVICO DE LABAÑOU 29 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste caso a falta de sinalización sobre o percorrido que debe facer o público foi suplido por iniciativa dos propios traballadores mediante frechas recortadas en cartulina e pegadas no chan.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2641
VISITAS 20-21 maio COVID-19
Deficiencias nos edificios visitados:
- A carteleira interior e exterior que indica as normas de seguridade para o publico e para o persoal é insuficiente ou inexistente nalgúns casos.
- So localizamos un único cartel coas normas de seguridade encima da máquina de fichar e, nalgún caso, na entrada de cada planta. De tamaño pequeno, hai que achegarse moito para poder léelo polo que non cumpre a súa función de forma adecuada.
- Nas distintas dependencias non todas as portas están abertas o que implica ter que tocar as manillas para acceder.
- Nas oficinas de atención ao público so uns vinilos ou pegadiñas no chan que marcan onde se ten que poñer a xente para que o atendan e outras que ,supoñemos, serán para indicar por onde circular. Estes vinilos ou pegadiñas non levan ningún tipo de texto que indique a súa función e, polo tanto, é moi difícil que o público saiba para que serven.
- Nalgunhas oficinas de atención ao público non localizamos nin no interior nin no exterior ningún cartel para o público coas normas de acceso, seguridade e espera. Soamente uns carteis impresos en folios que indican a saída e a entrada, pequenos non compren a súa función.
- Nalgúns Ascensores: un cartel tamaño pequeno nas portas exteriores dos mesmos que indican que non se use o ascensor que é de uso preferente para persoal sensible. O protocolo municipal indica o seguinte para o uso dos ascensores: “ Uso de ascensores prioritario para persoas maiores, con discapacidade ou mobilidade reducida. Hai que garantir en todo caso a distancia de seguridade de dous metros e , de non ser posible, se utilizará o ascensor de forma individual salvo no caso en que as persoas indicadas necesiten asistencia.” Os carteis colocados nas portas exteriores son insuficientes, deberían colocarse carteis donde figuren as normas de uso tal cual están indicadas no protocolo en un tamaño suficiente para que sexa suficientemente lexible para o persoal e o público.
- A falta de indicacións suficientes para o público fai que as colas no exterior para o acceso non sexan suficientemente ordenadas e coa distancia de seguridade suficiente polo que puidemos observar.
- Nas zonas comúns dos edificios visitados (pasillos, hall, escaleiras, baños…) non hai ningunha carteleria nin indicación por outros sistemas nin no chan nin nas paredes que indique por donde transitar nin o sentido de circulación para a xente que deba transitar polo interior.
- Nos baños non hai ningún cartel que indique as normas de uso e seguridade, o aforo máximo do aseo según o seu tamaño e características, nin si son de uso público ou so para o persoal municipal.
- Detectamos tamén insuficiencia de xel hidroalcohólico nas instalacións visitadas.
- Non localizamos papeleiras específicas para desbotar os EPIs tras o seu uso (mascarillas, guantes)
- Os conserxes que filtran o público nas oficinas municipais da franxa e maría pita dispoñen de mascarillas ffp2, non é así para outros conserxes con atención ao público a os que so se lles facilitaron mascarillas cirúrxicas pese a que o protocolo indica que deben levar mascarillas ffp2. Polo tanto o nivel de protección non é o mesmo para todos.
- Recibimos moitas queixas sobre a calidade das pantallas faciais facilitadas que , nalgún caso , consisten nun trozo de plástico cunha goma e que se rompen con moita facilidade.
Deficiencias particulares:
MARÍA PITA 20 de maio
-Rexistro:
- Mamparas demasiado baixas onde hai mesas e que non cobren máis aló de 150cm de altura
- O pasillo do rexistro é moi estreito, imposible un tránsito fluído. Asemade a primeira hora ante a apertura da porta de saída podería haber temperaturas por debaixo do permitido.
-Conserxería:
- Dúas das mesas que usan están pegadas sen a suficiente distancia de seguridade nin ningún sistema de separación física (mampara)
Reprografía:
- O mostrador non ten mampara
URBANISMO 20 de maio
Quen filtra a entrada no rexistro e o garda de seguridade que esta fora na porta do rexistro, debe ser o único persoal destinado a esta función xa que non atopamos a ninguén que filtre a entrada de xente no edificio principal e nesta situación debería establecerse un control.
O garda de seguridade non leva os EPIs axeitados á función que desempeña, o protocolo municipal indica que é de obrigado cumprimento tamén para o persoal de empresas privadas nos edificios municipais.
ESTACIÓN AUTOBUSES 20 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas
- Falta de xel hidroalcohólico en licencias (mobilidade)
AGORA 20 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas.
- Mamparas de rexistro moi baixas non máis de 150cm.
FORUM 21 de maio
- Non había papeleiras específicas para as mascarillas
- As mamparas de rexistro moi baixas cobren ata 147cm.
OFICINA TECNICA INFRAESTRUCUTRAS 21 de maio
- Na entrada, un xel e un cartaz advertido de chamar a un teléfono en caso de síntomas como únicas medidas colectivas, centro que aínda que esporadicamente, recibe visitas de empresas, casualmente dúas no tempo da nosa visita.
PARQUE MOVIL 21 de maio
- Ningún cartaz que evidencie o COVID-19 e escasez de xel hidroalcohólico.
FRANXA 21 de maio
- Deficiencias similares ás atopadas no resto de edificios municipais que visitamos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2834
DENUNCIA INSPECCIÓN DE TRABALLO COVID-19
NOTA DE PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN 13 MAIO 2020
Dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña queremos poñer en coñecemento da cidadanía que, no día de hoxe, vimos de presentar unha denuncia na inspección de traballo (LIGAZÓN DENUNCIA) contra o goberno Municipal por incumprimentos na lexislación laboral ao respecto da saúde laboral dos seus traballadores durante este proceso de pretendido retorno á normalidade.
O Goberno Municipal implementou un “ Protocolo polo que se establece a reincorporación do persoal público ao traballo presencial, así como as medidas de prevención fronte ao covid-19 no concello da Coruña” imposto sen negociación previa , xa que o borrador que se levou ao Comité de Seguridade e Saúde non era mais que un conxunto de ideas de carácter xeral, que non era negociable, xa que, segundo manifestou o Concelleiro de Persoal, este comité so tiña carácter consultivo e xa non ía haber mais reunións para acadar o documento definitivo.
Advertimos no seu momento que o feito de deixar nas mans das xefaturas dos diferentes servizos a aplicación practica deste protocolo ía causar unha grave falla de coordinación cos conseguintes agravios comparativos. Como exemplo, a reincorporación das/os conserxes de colexio foi unha autentica chapuza na entrega do material de protección e este non se axustaba ao que determinaba o protocolo e resultou de dubidosa calidade, algunha pantalla xa rachou antes de poñela.
Ao noso entender este protocolo, ao non facer valoracións individualizadas , deixa mal protexidas/os as empregadas/os municipais, serva como exemplo que naqueles lugares de traballo onde supostamente non accede a cidadanía a única protección que teñen os traballadores e a hixiene e a separación sen ter en conta que hai espazos de tránsito e lugares comúns nos que a separación mínima non se poderá manter, coas consecuencias que todos podemos supor.
A tres dias da reincorporación da maioría do persoal aínda non está protocolizado nin o uso dos servicios públicos empregados, nin os sistemas de accesos as dependencias por parte da cidadanía, nin a xestión das agardas ou listas de espera...
Dende a sección sindical da CIG pregámoslle á cidadanía sentidiño á hora de utilizar os servizos públicos , que utilicen medidas de protección e que desculpen calquera inconveniente causado por esta nova situación.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3620
PROTOCOLO REINCORPORACIÓN TRABALLO COVID-19
No dia de hoxe tivemos a xuntanza do Comité de Saúde Laboral para Tratar sobre o protocolo de reincorporación ao traballo presencial e as medidas de seguridade contra o Corona virus
Logo de estudar o borrador achegado o día anterior temos que dicir que é pobre e de carácter xeneralista, que da traslado, con pouca fortuna, a normativa estatal. Un protocolo para unha organización tan complexa coma a nosa precisa adecuacións específicas ás particularidades dos diferentes servizos. Para a CIG non é un protocolo á altura dunha administración do tamaño e complexidade do concello da Coruña
Tal e como se desenvolveu a reunión consideramos que o servizo de prevención de riscos laborais está facendo abandono das súas funcións ao deixar en mans das xefaturas de servizo a organización e planificación dos sistemas de reincorporación do persoal
Mentres o Goberno do Estado decretou centralizar nun mando único a xestión desta pandemia, este Goberno Municipal descentraliza e descarga a responsabilidade nas Xefaturas de Servizo. A des coordinación pode ser brutal, serva como exemplo o feito de que hoxe, ao mesmo tempo que mantíñamos a xuntanza do CSL e se decidía que ningún empregado voltaría ao seu posto de traballo en tanto non se publicara o protocolo definitivo, o servizo municipal de educación mandaba incorporar aos conserxes dos colexios, contradicindo un protocolo da Xunta de Galiza que non obriga a reincorporarse aos seus propios conserxes.
A vista do acontecido , e tendo en conta que non haberá mais reunións do Comité de Seguridade e Saúde por decisión do Goberno Municipal, a CIG non avalará o protocolo que se adopte para a prevención do contaxio por COVID-19 nas fases de reincorporación dos/as empregados/as do Concello da Coruña, ao mesmo tempo advertímoslle ao concelleiro que se detectabamos que algún procedemento non garante o coidado da saúde dos/as nosos/as compañeiros/as será posto con, carácter inmediato, en coñecemento da autoridade competente.
Recordámosvos que se tedes algunha dúbida respecto ao voso posto de traballo e as medidas que se tomen na vosa reincorporación, podedes contactar con nós polos medios habituais, correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos facilitados no correo do 15 de marzo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3547
CORONAVIRUS INFORMACIÓN DE INTERESE PROTOCOLOS
NOVA CIRCULAR CORONAVIRUS ABRIL 2022
Na seguinte ligazón podedes consultar a circular enviada polo Director de Econcomía, Facenda e Réxime Interior respecto á obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación da crise sanitaria
- CIRCULAR 22 abril 2022
Asemade tedes a ligazón do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, onde iran actualizando lexislación e todo tipo de información sobre medidas, trámites e demais.
ANTERIORES
A continuación as decisións e medidas adoptadas no Concello da Coruña que afectan ao seu persoal e que iremos actualizando.
- PROTOCOLO PARA TODO O PERSOAL 15 marzo 2020
- RESOLUCIÓN SOBRE A APLICACIÓN DO REAL DECRETO LEI 10/2020,do 29 DE MARZO (actualizado 30 marzo 2020)
- PROTOCOLO DE REINCORPORACIÓN AO TRABALLO PRESENCIAL 8 maio 2020
- PROTOCOLO TELETRABALLO 19 outubro 2020
- CIRCULAR RECOMENDACION TELETRABALLO 30 outubro 2020
- Interpretación CIRCULAR TELETRABALLO 25 xaneiro 2021
Para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento
- PROTOCOLO INTERVENCIÓNS (actualizado 23 marzo 2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS BOMBEIROS 2020
Para o Servizo da Policía Local
- GUIA AUTOPROTECCIÓN, PATRULLAXE INTERVENCIÓNS POLICIAIS (actualizado 19 marzo 2020)
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3252
GAS RADÓN INSPECCIÓN DE TRABALLO e CONSELLERIA DE INDUSTRIA
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxx e José María Calatayud Sánchez con D.I.xxxxxxxxx con domicilio a efectos de notificacións nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N, 3ª planta.C.P:15001- A Coruña ), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña
EXPOÑEN
INSTRUCCIÓN IS-33
Que a instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear sobre criterios radiolóxicos para a protección fronte a exposición á radiación natural, establece os datos a incluír na declaración de actividades que realizan os titulares da actividade laboral nas que existan fontes naturais de radiación e en que casos este titulares deben remitir aos órganos competentes en materia de industria das comunidades autónomas os estudos que se require no título VII do Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes (PRSPI).
Que nos centros de traballo soterrados ou non, que se atopen en areas identificadas polos seus elevados niveis de radon débense realizar medicións para avaliar o risco.
CTE HS-6
Que o Proxecto do Real Decreto no que se modifica o Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (CTE) establece a inclusión no requisito básico de habitabilidade unha nova exixencia regulamentaria de protección contra o radón establecida na Directiva 2013/59/EURATOM do Consello, de 5 de decembro de 2013, que di:“.. insta a los Estados miembro a establecer niveles nacionales de referencia para las concentraciones de radón en recintos cerrados, indicando que los niveles de referencia para el promedio anual de concentración de actividad en el aire no superarán los 300 Bq/m3.”
Que a devandita modificación desenvolve a sección HS-6 na que inclúe a clasificación de municipios en función do potencial e radón, nela o Concello da Coruña figura como MUNICIPIO DE ZONA II (a de maior potencial de radón) en canto aos territorios de actuación prioritaria a nivel municipal.
LEI 31/95
A lei 31/95 de 8 de novembro de Prevención de riscos laborais establece o dereito dos traballadores a ser informados dos riscos para a súa saúde existentes no seu posto de traballo.
Por todo o exposto,
SOLICITAMOS:
1-Que se inste ao Concello da Coruña a informar por escrito a todos os traballadores municipais que superen os 300 Bq/m3 nos seus centros de traballo.
2-Que se nos informe por escrito aos delegados de prevención da totalidade de medicións efectuadas nos centros de traballo no que desenvolvan a súa actividade laboral os traballadores municipais.
3-Que se faga un seguimento tanto pola Inspección de Traballo coma por parte da Consellería de Industria para que se adopten as medidas correctoras necesarias para reducir os niveis da gas radón aos niveis legalmente esixidos.
A Coruña a 28 de maio de 2019
A/A XUNTA DE GALICIA-CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA-XEFATURA TERRITORAL DA CORUÑA
A/A DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3407
SOLICITUDE INSPECCIÓN DE TRABALLO GAS RADÓN
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxxx e con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N- 3ª planta- A Coruña), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña
EXPÓN
O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde acordouse que o goberno municipal nos enviaría aos delegados de prevención o informe elaborado pola empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.
O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo de persoal reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.
O 12 de abril de 2019 reiterouse de novo a petición de que se nos enviase o informe mencionado mediante escrito presentado no rexistro xeral do Concello da Coruña con nº de rexistro 13919.
A data de hoxe non recibimos o informe mencionado.
O artigo 36.2 apartado b da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais establece:
Final del formulario
Artículo 36. Competencias y facultades de los Delegados de Prevención.
- En el ejercicio de las competencias atribuidas a los Delegados de Prevención, éstos estarán facultados para:
- b) Tener acceso, con las limitaciones previstas en el apartado 4 del artículo 22 de esta Ley, a la información y documentación relativa a las condiciones de trabajo que sean necesarias para el ejercicio de sus funciones y, en particular, a la prevista en los artículos 18 y 23 de esta Ley. Cuando la información esté sujeta a las limitaciones reseñadas, sólo podrá ser suministrada de manera que se garantice el respeto de la confidencialidad.
Por todo o exposto SOLICITA:
Que se inste ao Concello da Coruña a facilitar a todos os delegados de prevención do Concello da Coruña a copia do informe arriba mencionado tal como foi acordado polo Comité de Seguridade e Saúde deste Concello e conforme ao establecido no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
A Coruña a 6 de maio de 2019
A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 4870
REITERACIÓN INFORME GAS RADÓN
NÚMERO DE REXISTRO:13919
Ana Filgueiras Espasandín con D.I. XXXXXX con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da CIG no Concello da Coruña, na miña condición de delegada de prevención deste concello
EXPON
O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde acordouse que se nos enviaría o informe da empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.
O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo de persoal reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.
A data de hoxe non recibimos o dito informe.
Por todo o exposto SOLICITO:
Que se nos facilite aos delegados de prevención do Concello da Coruña o informe sobre gas radón arriba mencionado.
A Coruña a 12 de abril de 2019
Fdo. Ana Filgueiras Espasandín
ALCALDE –PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3493
MAÍS DESTACADO PERÍODO 2019/2023
ASUNTO LIGAZÓNS 2023
| Sentenza Mesa Xeral de Negociación 25 febreiro de 2022 | abril |
| Resumo Mesa Xeral de Negociación 31 de marzo | marzo |
| Proposta Carreira Horizontal | marzo |
| Medicións de Gas Radón | marzo |
| Resposta do servizo da PL sobre Denegación de permisos | marzo |
| Comisión de Riscos Psicosociais | marzo |
| Denegación permisos na Policía Local | marzo |
| A Realidade vs Ensoñación | febreiro |
| Exceso de Productividades | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2022
| Solicitude negociación Bases Espec. Estabilización | decembro |
| Seguridade no Cuartel da Policía Local | novembro |
| Solicitude grabación lectura das Memorias do Concurso | novembro |
| Resumo MXN Bases Estab, Mod. Punt.RPT OEP 2022 | novembro |
| Solicitude anulación CS de máis de dous anos | outubro |
| Solicitude de Execución sentenza TSXG | setembro |
| Criterios de Estabilización asinados pola CIG | agosto |
| Resumo MXN P.Estabilización, RPT e Carreira Horizontal | xullo |
| Nota Prensa anulación CS en SS.SS. | maio |
| Resposta a Lage sobre as diferencias entre LD e CS | abril |
| Sentenza que declara non conforme a dereito CS | abril |
| Senteza que recoñece o dereito a recibir inf. sobre as CS | febreiro |
| De como o GM non achega a docum para as MXN | febreiro |
| Recurso de reposición convocatorias do 31 de decembro | xaneiro |
| Estabilización do emprego temporal e convocatorias | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2021
| Abuso contratacións a través da acumulación de tarefas | decembro |
| Sentenzas que afectan ao concurso de traslados | decembro |
| Auto da execución da sentenza CS | novembro |
| Días de asuntos particulares 2021(solicitude) | novembro |
| Resumo MXN | novembro |
| Resumo MXN | setembro |
| Execución sentenza CS | xullo |
| Resumo MXN | xullo |
| Resumo Pleno da Xunta de Persoal | xuño |
| Solicitude postos ocupados, vacantes e productividades | xuño |
| Posicionamento CIG Emprego Temporal | xuño |
| Resumo MXN | maio |
| Solicitude Execución sentenza CS | maio |
| Histórico das CS por GM | maio |
| Asuntos solicitados para a MXN | maio |
| Recurso instrución procesos CS | marzo |
| Carreira profesional interinos/as | marzo |
| Horas Extraordinarias | marzo |
| Resumo MXN | marzo |
| Transparencia (a falta de) das CS | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2020
| Exclusión postos concurso | decembro |
| Adecuación RPT ás titulacións | decembro |
| Resumo MXN | outubro |
| Valoración E-Formación | outubro |
| Resumo MXN | setembro |
| Contestación recurso presentado pola CIG | setembro |
| Sentenza TSXG Policía Local | xullo |
| Resumo MXN | xuño |
| Solicitude Comité de Saúde Laboral | abril |
| Solicitude información das CS | febreiro |
| Resumo xuntanza Concelleiro Persoal | febreiro |
| Valoración promoción interna C2 a C1 | xaneiro |
ASUNTO LIGAZÓNS 2019 (maio)
| Resumo MXN | decembro |
| Solicitude MXN Urxente | decembro |
| Consecuencias desetimación alegacións CIG | decembro |
| Alegación eliminación incompatibildades DP con XP | decembro |
| Recurso Reposición cobertura posto a extinguir | novembro |
| Resumo MXN | outubro |
| Solicitude segunda fase do concurso | outubro |
| Ocupación efectiva dos postos acadados no concurso | setembro |
| Solicitude da Fase de resultas | setembro |
| Goberno novo prácticas vellas | agosto |
| Intrucción chamamentos servizo estraordinarios Policía Local | xullo |
| solicitude mesa Chamamentos servizos extra. Policía Local | xullo |
| Recurso reposición TAS | xuño |
| Resumo MXN | maio |
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: Voceiros da CIG
- Visitas: 2284